Neptuno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: hu:Neptunusz (bolygó)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: sq:Neptuni (planet)
Liña 216: Liña 216:
[[sl:Neptun]]
[[sl:Neptun]]
[[so:Nebtuun]]
[[so:Nebtuun]]
[[sq:Neptuni (planeti)]]
[[sq:Neptuni (planet)]]
[[sr:Нептун]]
[[sr:Нептун]]
[[stq:Neptun]]
[[stq:Neptun]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2012 ás 07:16

Neptuno ♆
Neptuno dende a Voyager 2, os días 16 e 17 de agosto de 1989.
Neptuno dende a Voyager 2, os días 16 e 17 de agosto de 1989.
Descubrimento
Descuberto por Urbain Le Verrier
John Couch Adams
Johann Galle
Descuberto o 23 de setembro de 1846
Características orbitais
Raio medio 4 498 252 900 km
Excentricidade 0,00858587
Período orbital 164 a 288 d 13 h
Período sinódico 367,5 días
Velocidade orbital media 5,4778 km/s
Inclinación orbital 1,76917°
Número de satélites 13
Características físicas
Diámetro ecuatorial 49 572 km
Área superficial 7,65×109 km²
Masa 1,024×1026 kg
Densidade media 1,64 g/cm³
Gravidade na superficie 11,0 m/s²
Período de rotación 16 h 6,5 min
Inclinación axial 29,58°
Albedo 0,41
Velocidade de escape 23,71 km/s
Temperatura superficial
min media máx.
50K 53K M/A K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 100-300 kPa
Hidróxeno >84%
Helio >12%
Metano 2%
Amonio 0,01%
Etano 0,00025%
Acetileno 0,00001%

Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o xigante gasoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares.

Características

Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.

A estrutura interna lembra a de Urano -- un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A terza parte exterior é unha mestura de gases quentes composta por hidróxeno, helio, auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de Xúpiter e Saturno, considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o campo magnético de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47 °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.

Exploración de Neptuno

Os deseños astronómicos de Galileo mostran que el observou Neptuno en xaneiro de 1613, cando o planeta estaba preto de Xúpiter. Mais, como pensou que se trataba dunha estrela, non se lle pode asignar a descuberta.

En 1821, Alexis Bouvard publicou táboas astronómicas da órbita de Urano. As observacións posteriores revelaron desvíos substanciais das táboas, levando a Bouvard a pór a hipótese da existencia dun corpo que perturbase a órbita. En 1843, John Couch Adams calculou a órbita dun oitavo planeta que puidese explicar o movemento de Urano. Enviou os seus cálculos a Sir George Airy, que os rexeitou con certa frieza, levando a Adams abandonar o asunto.

En 1846, Urbain Le Verrier, independentemente de Adams, reproduciu os seus cálculos mais tamén atopou dificultades en atopar algún entusiasmo nos seus compatriotas. Porén, o mesmo ano, John Herschel comezou a promover a abordaxe matemática e convenceu a James Challis de procurar o planeta. Tendo en conta o seu periodo orbital de 164 anos e 288 días, o planeta completou unha orbita dende o seu descubrimento en 1846 no ano 2011, isto implica que se atopa na actualidade aproximadamente na mesma posición na que foi descuberto.

Os Satélites de Neptuno

Neptuno ten 13 lúas coñecidas. A maior delas é Tritón, descuberta por Willian Lasell apenas 17 días despois da descuberta de Neptuno.

Satélites naturais de Neptuno
Nome Diámetro (km) Masa (10 20kg) Distancia media
de Neptuno (km)
Período orbital
Náiade 96×60×52 0,002 48.227 0,294396 días
Talasa 108×100×52 0,002 50.075 0,311485 días
Despina 190×148×128 0,02 52.526 0,334655 días
Galatea 204×184×144 0,04 61.953 0,428745 días
Larisa 216×204×168 0,05 73.548 0,554654 días
Proteo 418 (436×416×402) 0,5 117.647 1,122315 días
Tritón 2707 214 354.760 -5,87685 días **
Nereida 340 0,3 5.513.400 360,1362 días
Halímede 48 0,001 15.686.000 -1874,8 días **
Sao 48 0,001 22.452.000 2.918,9 días
Laomedeia 48 0,001 22.580.000 2982,3 días
Psámate 28 0,0002 46.695.000 -9.115,9 días **
Neso 60 0,0001 48.387.000 -9.374,0 días **

** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ao redor de Neptuno (oposta á rotación do planeta)

Algúns asteroides reciben os mesmos nomes que as lúas de Neptuno: 74 Galatea, 1162 Larisa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA