Vixía de Herbeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia.jpg|thumb|Os cantís de Vixía Herbeira.]]
[[Ficheiro:Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia.jpg|thumb|Os cantís de Vixía Herbeira.]]


'''Vixía Herbeira''' é un punto da costa galega, o punto máis alto da [[Serra da Capelada]], onde se achan os [[Cantil|cantís]] cunha maior cota sobre o nivel do mar da [[Europa]] continental, con 613 [[metros]] sobre o mesmo,<ref>[http://www.galicia360.com/comarca-de-ortegal/mirador-de-vixia-de-herbeira.html ''Mirador de Vixía de Herbeira'']. Fotopanorama. Consultado el 21 de julio de 2011.</ref> e o cuarto de maior altura de Europa (se incluímos as illas), tralos de [[Hornelen]] (860 m), [[Viðoy|Cabo Enniberg]] (754 m) e [[Croaghaun]] (668 m). Outros de altura semellante son [[Preikestolen]] (604 m), [[Slieve League]] (601 m) e [[Cabo Girão]] (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.
'''Vixía Herbeira''' é un punto da costa galega, o punto máis alto da [[Serra da Capelada]], onde se achan os [[Cantil|cantís]] cunha maior cota sobre o nivel do mar da [[Europa]] continental, con 613 metros sobre o mesmo,<ref>[http://www.galicia360.com/comarca-de-ortegal/mirador-de-vixia-de-herbeira.html ''Mirador de Vixía de Herbeira'']. Fotopanorama. Consultado el 21 de julio de 2011.</ref> e o cuarto de maior altura de Europa (se incluímos as illas), tralos de [[Hornelen]] (860 m), [[Viðoy|Cabo Enniberg]] (754 m) e [[Croaghaun]] (668 m). Outros de altura semellante son [[Preikestolen]] (604 m), [[Slieve League]] (601 m) e [[Cabo Girão]] (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.


Atópanse con concello de [[Cedeira]] ([[Provincia da Coruña|A Coruña]]) na parroquia de [[Santo André de Teixido]], na estrada que une a vila de [[Cariño]] coa de Santo André de Teixido. Neste mesmo punto están as estremas dos concellos de Cariño e Cedeira. Moi preto de Herbeira está o [[cabo Ortegal]] onde fican as rochas máis antigas da [[península Ibérica]] e as cuartas do mundo.
Atópanse con concello de [[Cedeira]] ([[Provincia da Coruña|A Coruña]]) na parroquia de [[Santo André de Teixido]], na estrada que une a vila de [[Cariño]] coa de Santo André de Teixido. Neste mesmo punto están as estremas dos concellos de Cariño e Cedeira. Moi preto de Herbeira está o [[cabo Ortegal]] onde fican as rochas máis antigas da [[península Ibérica]] e as cuartas do mundo.

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2012 ás 20:33

Os cantís de Vixía Herbeira.

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da Serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo,[1] e o cuarto de maior altura de Europa (se incluímos as illas), tralos de Hornelen (860 m), Cabo Enniberg (754 m) e Croaghaun (668 m). Outros de altura semellante son Preikestolen (604 m), Slieve League (601 m) e Cabo Girão (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

Atópanse con concello de Cedeira (A Coruña) na parroquia de Santo André de Teixido, na estrada que une a vila de Cariño coa de Santo André de Teixido. Neste mesmo punto están as estremas dos concellos de Cariño e Cedeira. Moi preto de Herbeira está o cabo Ortegal onde fican as rochas máis antigas da península Ibérica e as cuartas do mundo.

No alto do beiril hai un punto xeodésico e unha garita de vixilancia (Garita de Herbeira). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de uces e toxos na que pace gando vacún e cabalar.

Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país.

Na parte posterior instalouse unha central eólica para aproveitar a forza do vento na zona.

Garita de Herbeira

A garita de Herbeira é unha vella caseta no mesmo beiril do cantil, tipo alpendre, construída no século XVIII. Concretamente o caseto que hoxe atopamos data de 1805, e foi deseñada polos enxeñeiros da coroa de entón e construído polos veciños da comarca. Formaba parte dunha serie de construcións dedicadas á vixilancia costeira e marítima ao longo da costa, e que acollerían un pequeno destacamento militar.

A garita arrodéase dun pequeno valado de pedra. Os muros son de cachotaría de pedra de gra, cunha planta é rectangular de tan só uns 15 m2. Só conta con catro ocos, a porta e tres xaneliñas. Ten tamén unha cheminea. A cuberta soluciónase coa mesma pedra formando unha bóveda. No ano 2003 a garita e a súa contorna foron restauradas.

Véxase tamén

  1. Mirador de Vixía de Herbeira. Fotopanorama. Consultado el 21 de julio de 2011.