Aleixo V Ducas: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ml:അലക്സിയസ് V |
depois>despois |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
DINASTIA=[[Dinastía Anxo]]| |
DINASTIA=[[Dinastía Anxo]]| |
||
ANTES=[[Isaac II Anxo]]| Aleixo IV Anxo | |
ANTES=[[Isaac II Anxo]]| Aleixo IV Anxo | |
||
DESPOIS= [[Teodoro I Láscaris]] | |
|||
DATA_ENTRADA=[[1204]]| |
DATA_ENTRADA=[[1204]]| |
||
DATA_SAIDA=[[1204]]| |
DATA_SAIDA=[[1204]]| |
Revisión como estaba o 19 de setembro de 2012 ás 12:52
Aleixo V Ducas Murtzouphlos ou Murzuflo (m. 1205), foi proclamado emperador bizantino o 5 de febreiro de 1204, durante o asedio de Constantinopla polos latinos da Cuarta Cruzada. O seu sobrenome Murzuflo facía referencia ás súas poboadas cellas. Tiña relacións familiares coa liña imperial dos Anxo.
Como nobre bizantino, ascendera na corte ata o cargo de protovestiarios na época da Cuarta Cruzada. En xaneiro de 1204, os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo inspiraban xa pouca confianza á poboación de Constantinopla na súa defensa da cidade ante os latinos. Grazas ao seu cargo, Aleixo Ducas tiña fácil acceso á residencia imperial, e cando se desatou a revolta na cidade para destronar aos dous emperadores Anxo, Aleixo fixo uso de devandito acceso para capturalos. O xove Aleixo IV sería morto na refrega. A morte do seu pai, Isaac II, pouco despois, posibelmente foi "inducida de xeito artificial".
Tras a súa coroación, Aleixo V comezou a reforzar as defensas de Constantinopla e puxo fin ás negociacións cos latinos. Pero era demasiado tarde, xa non había tempo para o novo emperador: durante o combate que se produciu, defendeu a cidade con coraxe e tenacidade. Os cruzados demostraron ser demasiado fortes, e Aleixo tivo que fuxir a Tracia pouco despois de que a cidade caese.
A continuación, intentou aliarse co seu coemperador Aleixo III Anxo contra os latinos, pero Aleixo III cegouno e púxoo en mans dos cruzados, que o axustizaron como o asasino de Aleixo IV. Foi o último emperador bizantino antes do establecemento do Imperio Latino, que dominaría Constantinopla durante os seguintes 57 anos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac II Anxo |
Aleixo V Ducas | Precede a: Teodoro I Láscaris |
Dinastía Anxo |