Deuteróstomos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 4: Liña 4:
| image = Sea_cucumber.jpg
| image = Sea_cucumber.jpg
| image_width = 200px
| image_width = 200px
| image_caption = Pepino de mar
| image_caption = Cogombro de mar
| regnum = [[Animal]]ia
| regnum = [[Animal]]ia
| subregnum = [[Eumetazoa]]
| subregnum = [[Eumetazoa]]

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2012 ás 10:14

Deuteróstomos

Cogombro de mar
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Grobben, 1908
Phyla

Os Deuteróstomos ou Deuterostomados (Deuterostomia, do grego ‘segunda boca’) son un superfilo de animais nos que a boca do adulto non deriva do blastoporo embrionario, senón que é de neoformación.

Clasifícanse dentro de Bilateria, dentro de Eumetazoa, e distínguense de Protostomia polo seu desenvolvemento embrionario; nos deuteróstomos, a primeira abertura do embrión (blastoporo) convértese no ano, en troques en protóstomos, muda na boca. A boca dos deuteróstomos é, xa que logo, de noeformación.

Inclúe os seguintes filos:

Os tres primeiros son os filos tipicamente deuteróstomos; os Quetognatos teñen unha posición incerta no reino animal e os tres últimos (que conforman o grupo dos Lofoforados) son considerados deuteróstomos por algúns autores (como Brusca[1]) ou protóstomos por outros (como Hickman[2]).

Tanto en deuteróstomos coma en protóstomos, o cigoto desenvólvese nunha masa celular afondada, chamada blástula (proceso coñecido coma segmentación. Nos deuteróstomos, as primeiras divisións ocorren de forma paralela ou perpendicular ao eixo que aparece entre os extremos (segmentación radial) e cando o embrión está en estado de 4 células, se se elimina unha é quen de compensar a perda. De feito a célula illada pode formar un individuo (segmentación indeterminada clonación embrionaria).

En deuteróstomos, o mesoderma, fórmase como invaxinacións do arquénteron, proceso coñecido coma enterocelia, mentres que o protóstomos orixínase por esquizocelia.

Notas

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3.

Véxase tamén

Ligazóns externas