Alexandre I de Bulgaria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
Liña 124: Liña 124:
[[sv:Alexander av Bulgarien]]
[[sv:Alexander av Bulgarien]]
[[tr:I. Aleksandır (Bulgaristan)]]
[[tr:I. Aleksandır (Bulgaristan)]]
[[uk:Олександр Баттенберг]]
[[zh:亞歷山大一世 (保加利亞)]]
[[zh:亞歷山大一世 (保加利亞)]]

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2012 ás 09:08

Alexandre I de Bulgaria

Reinado29 de abril de 1879 – 7 de setembro de 1886
Nacemento5 de abril de 1857
Verona (Italia)
Falecemento23 de outubro de 1893
Graz (Austria)
SepulturaMausoleo Battenberg
SucesorFernando I
ConsorteJohanna Loisinger
Casa realCasa de Battenberg
ProxenitoresAlexandre de Hesse-Darmstadt
Xulia von Hauke

Na rede
WikiTree: Battenberg-24 Find a Grave: 43414448 Editar o valor em Wikidata

Alexandre Xosé de Battenberg, nado en Verona o 5 de abril de 1857 e finado en Grazo 23 de outubro de 1893), foi o primeiro príncipe (knyaz) da Bulgaria moderna, o seu reinado foi do 29 de abril de 1879 ao 7 de setembro de 1886. Aínda que se coñece nas fontes búlgaras como Alexandre Battenberg ou Alexandre I Battenberg noutras linguas adoita coñecerse como Alexandre I de Bulgaria, e así acontece en galego[1].

Familia

Alexandre foi o terceiro fillo, e segundo varón, do matrimonio morganático formado polo príncipe Alexandre de Hesse-Darmstadt e a condesa Xulia von Hauke. A condesa e os seus descendentes obtiveron o título de príncipes de Battenberg (derivado dunha antiga residencia do Gran Duque de Hesse) e o título de honor Durchlaucht ("A súa alteza serenísima") en 1858. O seu pai o príncipe Alexandre era sobriño do tsar de Rusia Alexandre II, que casara cunha irmá do príncipe Alexandre de Hesse; a súa nai, filla do conde Moritz von Hauke, fora dama de honra da tsarina.

Príncipe de Bulgaria

Delegación de deputados búlgaros en Yalta para comunicaren a Alexandre a súa elección como príncipe de Bulgaria

O príncipe Alexandre recibiu unha educación militar, serviu como oficial no rexemento de dragóns de Hesse, e moi ligado ao seu tío o tsar de Rusia na súa infancia e mocidade Alexandre visitou frecuentemente San Petersburgo, e cando a Guerra ruso-turca de 1877-78 estalou ingresou no exército ruso[2] participando na campaña búlgara de 1877. Cando, so o Tratado de Berlín (1878), Bulgaria mudou nun principado baixo soberanía otomá, o tsar recomendoulle o seu sobriño aos búlgaros como o candidato ideal ao trono, e a Grande Asemblea Nacional por unanimidade elixiu a Aexandre Battenberg como príncipe de Bulgaria o 29 de abril de 1879. Nese intre, Alexandre, servía como tenente na Garda Real de Prusia en Postdam. Antes de marchar para Bulgaria visitou ao tsar no Palacio de Livadia (Crimea), un navío de guerra levou a Varna, e logo de prestar xuramento á nova constitución en Tarnovo o 8 de xullo de 1879 dirixiuse a Sofía.

O novo príncipe carecía de calquera tipo de experiencia de goberno e viuse entre os representantes oficiais de Rusia, que pretendían que fora un roi fainéant e as friccións co primeiro ministro liberal, Dragan Tsankov, sobre asuntos constitucionais e de política interna[3]. En novembro de 1880 Petko Karavelov substituíu a Tsankov e tras a morte do tsar e a suba ao trono de Alexandre III, dun cariz reaccionario e que lle deu o seu total apoio [4] e enviou a instancias do príncipe dous xenerais que entraron no goberno búlgaro: Sobolev foi nomeado primeiro ministro e ministro do interior en abril de 1882 e Kaulbars ministro da guerra; as friccións entre os ministros rusos e o príncipe levárono a restaurar a constitución o 19 de setembro de 1883 e a marcha dos ministros rusos, o que tensou as relacións con Rusia.

Declaración de guerra a Serbia asinada por Alexandre I

En Rumelia Oriental, unha provincia otomá de maioría búlgara, apoiou ao goberno probúlgaro da provincia que tiña como pretensión a unión con Bulgaria, o 18 de setembro de 1885 organizouse un movemento insurrecional en Plovdiv que pedía a unión con Bulgaria, o príncipe Alexandre sabía de tal movemento e tivera contacto cos seus organizadores pero temía o empeoramento das relacións con Rusia se proclamaba a unión[5]. Finalmente o príncipe marchou a Plovdiv, o que provocou que Serbia lle declarase a guerra, a vitoria búlgara na batalla de Slivnitsa, na que participou un exército búlgaro no que o rango máximo era o de capitán ao marchar os militares rusos trala insurrección de Plovdiv. O exérctio búlgaro entrou en Serbia, conquistando so a dirección persoal de Alexandre I a cidade serbia de Pirot. Malia todo a intervención de Austria-Hungría levou á fin das hostilidades e a que despois de negociacións co sultán Abdul Hamid II Alexandre fora nomeado o 5 de abril de 1886 gobernador xeral da provincia por cinco anos.

Pintura de Dimitar Gjudzenov representando ao príncipe Alexandre na batalla de Slivnitsa

Perda do trono

O acordo, costoulle a Alexandre moita da súa popularidade en Bulgaria, a clase dirixente era en boa parte rusófila, xa que pensaban que só os rusos podían garantirlle a independencia ao país, sumado ao descontento entre parte dos oficiais do exército pola distribución de recompesas pola guerra. E así o 20 de agosto de 1886 tivo lugar un golpe de estado, os conspiradores colleron ao príncipe no palacio de Sofía e obrigárono a asinar a súa abdicación e deixar o país. Unha contrarrevolta dirixida polo liberal rusófono Stefan Stambolov restaurouno no trono mais a falta de apoio de Alemaña sumada á de Rusia e o envío por parte do príncipe Alexandre dun telegrama a Alexandre III nun ton de sumisión [6] que fixo que perdese o apoio de parte dos seus partidarios, diante esa situación o 8 de setembro de 1886 abdicou por segunda vez e marchou do país.

Últimos anos

Mausoleo Battenberg en Sofía

Alexander retirouse entón á vida privada, utilizando o título de conde de Hartenau, casou coa actriz Johanna Loisinger o 6 de febreiro de 1889, coa que tivo un fillo e unha filla. Pasou a maior parte da súa vida en Graz como oficial do exército austríaco. Tras a súa morte os seus restos leváronse a Sofía, realizándose un funeral pública e soterrado nun mausoleo erixido na súa memoria.

Repatriación dos restos mortais de Alexandre I

Devanceiros

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís IX de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
8. Luís I, Gran Duque de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Carolina de Zweibrücken
 
 
 
 
 
 
 
4. Luís II, Gran Duque de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Xurxo Guillerme de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
9. Luísa of Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Princesa María Luísa Leiningen-Dagsburg-Falkenburg
 
 
 
 
 
 
 
2. Alexandre de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Carlos Federico de Baden
 
 
 
 
 
 
 
10. Carlos Luís, Principe Heredeiro de Baden
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Landgravine Carolina Luísa Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
5. Guillermina de Baden
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Luís IX, Landgrave e Hesse-Darmstadt (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
11. Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Carolina Zweibrücken (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
1. Alexandre de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Ignatz Marianus Hauck
 
 
 
 
 
 
 
12. Friedrich Carl Emanuel Hauke
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Baronesa Maria Franziska Riedesel zu Eisenbach
 
 
 
 
 
 
 
6. Conde John Maurice Hauke
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Heinrich Wilhelm Schweppenhäuser
 
 
 
 
 
 
 
13. Maria Salomé Schweppenhäuser
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Charlotte Philippine Juliane Westermann
 
 
 
 
 
 
 
3. Condesa Xulia Hauke
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Benno Leopold Ignatius Lafontaine
 
 
 
 
 
 
 
14. Franz Anton Leopold Lafontaine
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Maria Katharina Franziska Leonhardt
 
 
 
 
 
 
 
7. Sophie Lafontaine
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Markus Kornély[7]
 
 
 
 
 
 
 
15. Maria Theresa Kornély
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Descoñecido[7]
 
 
 
 
 
 


Notas

  1. Enciclopedia Galega Universal
  2. Duncan M. Perry Stefan Stambolov and the Emergence of Modern Bulgaria, 1870-1895. Duke University Press (1993), p. 243
  3. R.J. Crampton A Concise History of Bulgaria. Cambridge Univestity Press (2005) p. 90
  4. Rumen Daskalov Debating the Past: Modern Bulgarian History: From Stambolov to Zhivkov. Central European University Press (2011) p. 57
  5. R. J. Crampton A Short History of Modern Bulgaria. CUP Archive (1987), p. 29
  6. Richard C. Frucht Eastern Europe: An Introduction to the People, Lands, and Culture. Volume I. ABC-CLIO (2004), p. 807
  7. 7,0 7,1 Paget, Gerald (1977). The Lineage & Ancestry of HRH Prince Charles, Prince of Wales. Edimburgo e Londres: Charles Skilton. 


Predecesor:
Ningún
Imperio Otomán
O último monarca fora Constantino II
 Príncipe de Bulgaria 
1879 - 1886
Sucesor:
Fernando I