Gregorio I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Pastor: arranxiño
m algo máis
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Gregorythegreat.jpg|miniatura|dereita|Gregorio I]]
{{PapS-VI}}

[[Ficheiro:Gregorythegreat.jpg|miniatura|esquerda|Gregorio I]]

O '''Papa Gregorio I''', de sobrenome ''Magno'' ou ''Grande'', está considerado como o fundador do Papado Medieval.

O '''Papa Gregorio I''' nado [[circa|ca.]] no ano [[540]] en [[Roma]] e finado o [[12 de marzo]] de [[604]], de sobrenome ''Magno'' ou ''Grande'', está considerado como o fundador do Papado Medieval.


Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de [[Paio II, papa|Paio II]], e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada á súa sorte a mercé das invasións bárbaras e marxinada polo [[exarcado de Ravenna]], dependente de [[Constantinopla]].
Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de [[Paio II, papa|Paio II]], e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada á súa sorte a mercé das invasións bárbaras e marxinada polo [[exarcado de Ravenna]], dependente de [[Constantinopla]].
Liña 9: Liña 11:


== Pastor ==
== Pastor ==
{{PapS-VI}}
Monxe admirador de [[Bieito de Nursia]], fundou varios mosteiros consonte á regra deste santo, e divulgou na cristiandade o espírito beneditino de oración, estudo, traballo manual e hospitalidade.
Monxe admirador de [[Bieito de Nursia]], fundou varios mosteiros consonte á regra deste santo, e divulgou na cristiandade o espírito beneditino de oración, estudo, traballo manual e hospitalidade.



Revisión como estaba o 12 de setembro de 2012 ás 20:48

Gregorio I


O Papa Gregorio I nado ca. no ano 540 en Roma e finado o 12 de marzo de 604, de sobrenome Magno ou Grande, está considerado como o fundador do Papado Medieval.

Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de Paio II, e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada á súa sorte a mercé das invasións bárbaras e marxinada polo exarcado de Ravenna, dependente de Constantinopla.

Político

Consonte o modelo de Agostiño de Hipona na súa obra Civitate Dei, buscou construír unha república cristiá onde o poder temporal estivese sometido ao espiritual buscando a xustiza e o ben común dos cidadáns. Tivo que convencer aos longobardos para que respectasen a cidade chegando a un acordo de reparto territorial con eles, nun momento en que os romanos non tiñan outra autoridade á que acudir.

Pastor

Modelo:PapS-VI Monxe admirador de Bieito de Nursia, fundou varios mosteiros consonte á regra deste santo, e divulgou na cristiandade o espírito beneditino de oración, estudo, traballo manual e hospitalidade.

Emprendeu unha extratexia misioneira frutífera, enviando evanxelizadores a lugares afastados como Inglaterra, dando instrucións pioneiras de respecto pola cultura indíxena dos pobos evanxelizados: non derrubar os templos paganos, adaptar os costumes aceptables, transformar as festas paganas en celebracións con significación cristián. O monxe Agostiño de Canterbury bautizou ao rei de Kent Etelberto, casado con Berta unha princesa cristiá merovinxia. Seguidamente fundou un bispado en Canterbury. Pouco despois novos misioneiros establecerían unha autoridade metropolitana en York e en Londres.

Administrador

De cualidades organizadoras notables, soubo ao redor de Roma estruturar o chamado Patrimonio de Pedro, buscando a protección dos caudillos bárbaros e poñéndoo ao servizo dos marxinados e desamparados, como sucesor de Pedro se autodenominaba Servo dos Servos de Deus. Porén, reivindicou a primacía fronte a Constantinopla e o seu labor administrativo puxo os alicerces do poder temporal dos Papas e a raíz da súa decadencia espiritual.

Mestre

Preocupado pola formación secular e relixiosa do pobo, impulsou tamén o coidado da liturxia e o chamado canto gregoriano

Considerado como un dos Pais da Igrexa occidental, escribiu unha regra pastoral que será guía pastoral e relixiosa dos bispos medievais, uns Diálogos sobre a vida edificante dos santos, en particular Bieito de Nursia, e a célebre Moralia in Job e varias coleccións de Homilías. A el débese o concepto de pecado capital como raíz do resto dos vicios. Tendo a súa orixe no orgullo, os pecados capitais son sete: soberbia, envexa, ira, avaricia, preguiza, gula e luxuria. Encadean ao home de xeito que este debe contar para vencelos cos dons da graza que o Espírito lle outorga, en especial a fe, a esperanza e máis o amor.

Modelo:Link FA