Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: cy:Meinwe gyswllt
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 59: Liña 59:
[[ko:결합 조직]]
[[ko:결합 조직]]
[[ku:Tevineka girêdanê]]
[[ku:Tevineka girêdanê]]
[[ky:Туташтырма ткань]]
[[lt:Jungiamasis audinys]]
[[lt:Jungiamasis audinys]]
[[mk:Сврзно ткиво]]
[[mk:Сврзно ткиво]]

Revisión como estaba o 12 de setembro de 2012 ás 11:32

O tecido conxuntivo é un tecido orgánico que forma parte dos tecidos conectivos. Deriva do mesodermo. O tecido conxuntivo serve de sostén ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá suporte aos paquetes vasculo-nerviosos.

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido laxo abrangue: o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue: o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoiético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrintes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación áceda. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.

Para a preparación histolóxica non pode producirse lavado con auga. Hai que optar por:

  • fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
  • conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica

As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.

Febras

No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e aportan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.

Véxase tamén