Wikipedia:Dereitos de autoría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
máis de en.wp
Liña 56: Liña 56:
Se unha páxina contén material que infrinxa os dereitos de autoría, cómpre retirar ese material.
Se unha páxina contén material que infrinxa os dereitos de autoría, cómpre retirar ese material.


=== Normas para as imaxes e outros ficheiros multimedia ===
{{En uso}}
As imaxes, as fotografías, os vídeos e os ficheiros de son, igual cás obras escritas, están suxeitos aos dereitos de autoría. Alguén posúe os seus dereitos a menos que os puxese no dominio público. Para os ficheiros atopados na internet necesítase obter a licenza directamente do posuidor dos dereitos ou de alguén coa capacidade de xestionar a licenza no seu nome.

As páxinas de descrición das imaxes deben estar marcadas cunha etiqueta especial para indicar o estado legal das imaxes, tal e como se indica en [[Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe]]. As imaxes sen etiquetar ou incorrectamente etiquetadas poden ser borradas mesmo sen previo aviso.

Calquera dúbida sobre os dereitos de autoría dun ficheiro multimedia pódese deixar en [[Wikipedia:A Taberna (imaxes)]]; algún usuario familiarizado coas licenzas ha axudar co problema.


== Dereitos e obrigas da reutilización ==
== Dereitos e obrigas da reutilización ==
{{En uso}}
Se desexas empregar os materiais da Wikipedia no teu propio libro/artigos/páxinas web ou outras publicacións, pódelo facer, pero tes que seguir a GFDL. Se só estas a copiar o artigo da Wikipedia, debes seguir [[Wikipedia:Texto da GNU Free Documentation License#VERBATIM COPYING|a sección dous]] da GFDL; ''verbatim copying'' (copia literal).
Se desexas empregar os materiais da Wikipedia no teu propio libro/artigos/páxinas web ou outras publicacións, pódelo facer, pero tes que seguir a GFDL. Se só estas a copiar o artigo da Wikipedia, debes seguir [[Wikipedia:Texto da GNU Free Documentation License#VERBATIM COPYING|a sección dous]] da GFDL; ''verbatim copying'' (copia literal).


Liña 95: Liña 101:


== Emprego de imaxes ==
== Emprego de imaxes ==
As imaxes e fotografías, o mesmo que os traballos escritos, están suxeitos a ''[[copyright]]''. Perténcenlle a alguén a menos que se puxesen explicitamente no [[dominio público]]. Para as imaxes de Internet hai que obter a licenza directamente do posuidor do copyright ou dalguén con capacidade para xestionar esa licenza no seu nome. Nalgúns casos pódense seguir as directrices do "uso aceptábel" coas fotografías.

=== Etiquetaxe ===
As páxinas de descrición de imaxes poden ser etiquetadas cunha etiqueta especial para indicar o estado legal das imaxes, como se indica en [[Wikipedia:Modelos para etiquetas de copyright]]. Non está claro que acontece cando a mesma imaxe foi publicada máis dunha vez na Internet con diferentes reinvindicacións de copyright.

=== Fotografías do goberno dos [[EUA]] ===
=== Fotografías do goberno dos [[EUA]] ===
Os materiais que produzan empregados do goberno federal dos [[Estados Unidos]] no ámbito do seu traballo considéranse legalmente como dominio público. Porén, apesar da idea popular, o Goberno Federal dos EEUU pode ter de dereitos que lle foran traspasados por terceiros. Por vía de regra, as fotografías dos sitios .mil e .gov están no dominio público. Existen, porén, algunhas excepcións notábeis. Comprobe o aviso sobre privacidade e seguranza do sitio web. Hai que ter tamén en conta que os gobernos doutros países reclaman o copyright das obras producidas polos seus empregados (como, por exemplo, o [[Copyright Real]] no [[Reino Unido]]). Igualmente, a maioría dos gobernos de estados dos Estados Unidos de América non poñen o seu traballo no dominio público e mesmo non posúen o copyright do seu traballo. Convén comprobar con coidado a información sobre a propiedade antes de copiar.
Os materiais que produzan empregados do goberno federal dos [[Estados Unidos]] no ámbito do seu traballo considéranse legalmente como dominio público. Porén, apesar da idea popular, o Goberno Federal dos EEUU pode ter de dereitos que lle foran traspasados por terceiros. Por vía de regra, as fotografías dos sitios .mil e .gov están no dominio público. Existen, porén, algunhas excepcións notábeis. Comprobe o aviso sobre privacidade e seguranza do sitio web. Hai que ter tamén en conta que os gobernos doutros países reclaman o copyright das obras producidas polos seus empregados (como, por exemplo, o [[Copyright Real]] no [[Reino Unido]]). Igualmente, a maioría dos gobernos de estados dos Estados Unidos de América non poñen o seu traballo no dominio público e mesmo non posúen o copyright do seu traballo. Convén comprobar con coidado a información sobre a propiedade antes de copiar.

Revisión como estaba o 12 de setembro de 2012 ás 09:54

Nota importante: A Fundación Wikimedia non posúe os dereitos de autoría dos textos e ilustracións dos artigos da Wikipedia. Por este motivo, é inútil poñerse en contacto con nós co fin de pedir permiso para reproducir os artigos ou imaxes.

O único contido da Wikipedia para o que se debe pedir permiso á Fundación Wikimedia é no caso dos logos da Wikipedia e mais da Wikimedia, os cales non se poden empregar libremente sen permiso.

O permiso para a reprodución e modificación do texto presente na Wikipedia xa foi concedido a calquera persoa polos autores dos artigos individuais, sempre e cando esa reprodución ou modificación cumpra cos termos da licenza. A imaxes poden non permitir a súa reutilización e modificación; as condicións para a reprodución de cada imaxe deben comprobarse individualmente. As únicas excepcións son eses casos nos que os editores violaron a política da Wikipedia cargando material protexido por dereitos de autoría sen autorización ou con termos de licenza incompatibles cos aplicados ao resto do contido da Wikipedia. Mentres ese material estea presenta na Wikipedia (antes de ser detectado e retirado) o feito de copialo é incorrer nunha violación dos dereitos de autoría.

Para reutilizar os contidos da Wikipedia, cómpre ler a sección "Dereitos e obrigas da reutilización". Tamén é necesario ler a Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 e a Licenza de documentación libre de GNU.

O texto da Wikipedia libérase con dereitos de autoría (automaticamente, segundo a Convención de Berna) pertencentes ás persoas editoras e colaboradoras da Wikipedia. Ademais, licénciase formalmente de cara ao público baixo unha ou varias licenzas liberais. A maioría dos textos e moitas das imaxes da Wikipedia teñen unha licenzal dobre: Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 (CC-BY-SA) e a Licenza de documentación libre de GNU (GFDL) (sen versión, sen seccións invariantes, nin textos de portada ou contraportada). Algúns textos foron importados unicamente baixo a licenza CC-BY-SA ou unha licenza compatible coa CC-BY-SA e non se poden reutilizar baixo a GFDL; estes textos estarán identificados con notas ao pé da páxina, no historial da páxina ou na páxina de conversa do artigo que emprega o texto. Todas as imaxes teñen unha páxina de descrición que indica a licenza baixo a cal foron liberadas.

As licenzas empregadas pola Wikipedia garanten o acceso libre ao noso contido no mesmo sentido que o software libre. O contido da Wikipedia pode ser copiado, modificado e redistribuído se e só se a versión copiada se publique baixo os mesmos termos e se recoñeza aos autores do artigo da Wikipedia (abonda cunha ligazón directa ao artigo para satisfacer este requisito). Os contidos copiados da Wikipedia quedarán, polo tanto, libres baixo unha licenza axeitada e poderán ser empregados por calquera con certas restricións, a maioría delas para asegurar esa liberdade. Este principio coñécese como copyleft.

Para este fin:

O texto orixinal en inglés das licenzas CC-BY-SA e GFDL é o único documeto legalmente válido entre os autores e os usuarios do contido da Wikipedia. O que segue é a nosa interpretación das licenzas CC-BY-SA e GFDL no que respecta aos dereitos e as obrigas dos usuarios e colaboradores.

Dereitos e obrigas dos colaboradores

Ao engadir texto á Wikipedia, este publícase de cara ao público baixo as licenzas CC-BY-SA e GFDL (sen versión, sen seccións invariantes, nin textos de portada ou contraportada). Os contidos multimedia pódense achegar baixo unha variedade de diferentes licenzas que apoian o fin xeral de permitir unha reutilización e redistribución sen restricións.

Importar texto atopado nalgún soporte físico ou dixital ou do que un sexa coautor só é posible se está dispoñible baixo termos compatibles coa licenza CC-BY-SA. Non é necesario asegurarse ou garantir que o texto importado está dispoñible baixo a licenza de documentación libre de GNU, a menos que vostede sexa a única persoa autora. Ademais, cómpre ter en mente que non se pode importar información unicamente dispoñible baixo a licenza GFDL. Noutras palabras, só se pode importar texto que:

  1. estea baixo unha licenza única baixo termos compatibles coa licenza CC-BY-SA, ou
  2. estea baixo unha licenza dobre coa licenza GFDL e outra compatible cos termos da licenza CC-BY-SA.

Se vostede é o único autor do material, debe licencialo baixo as licenzas CC-BY-SA e GFDL.

Se o material, texto ou contido multimedia, foi publicado con anterioridade, necesítase verificar o permiso dos dereitos de autoría mediante un dos nosos procedementos para doar ese material á Wikipedia. Para obter máis información, véxase Wikipedia:Como doar materiais e a sección "Utilizar material protexido polos dereitos de autoría de terceiros".

Vostede mantén os dereitos de autoría dos materiais que achegue á Wikipedia, sexa texto ou contido multimedia. Estes dereitos nunca se transfiren á Wikipedia. Máis adiante, pode republicalos e relicencialos do modo que queira. Con todo, non pode rectificar ou alterar a licenza das copias do material que publique aquí; estas copias permanecerán baixo as licenzas descritas ata que pasen ao dominio público unha vez que caduquen os seus dereitos de autoría.[1]

Utilizar material protexido polos dereitos de autoría de terceiros

Todas as obras teñen dereitos de autoría, por un acordo internacional, a menos que pasasen ao dominio público ou se rexeitaron explicitamente os dereitos de autoría. A Wikipedia debe ter permiso para usar obras protexidas por dereitos de autoría. Porén, o noso obxectivo é ser capaces de redistribuír libremente canto material sexa posible, de modo que as imaxes orixinais e ficheiros de son baixo as licenzas CC-BY-SA e GFDL (sen versión, sen seccións invariantes, nin textos de portada ou contraportada) ou no dominio público prefírense antes cós ficheiros multimedia con dereitos de autoría cedidos á Wikipedia.

Se quere importar contido multimedia (incluído texto) atopado nalgures, só o pode facer se está no dominio público ou baixo unha licenza compatible coa CC-BY-SA. É obriga do editor comprobar a compatibilidade dese material coa Wikipedia. Os permisos explícitos para usar material protexido deben obterse de acordo cos nosos procedementos e incluír unha nota indicando isto.

Nunca use materiais que violen os dereitos de autoria doutras persoas. Isto podería crear responsabilidades legais e danar seriamente a Wikipedia. En caso de dúbida, escriba o contido nas súas palabras, creando así unha nova obra protexida que se poida incluír na Wikipedia sen problema.

Teña en conta que as leis sobre os dereitos de autoría regulan a expresión creativa das ideas, non as ideas ou a información en si. Polo tanto, é perfectamente legal ler un artigo dunha enciclopedia ou doutra obra, reformular os conceptos nas súas propias palabras e enviar o texto á Wikipedia.

Ligazóns a obras protexidas por dereitos de autoría

Dado que a maioría das obras creadas recentemente teñen dereitos de autoría, calquera artigo da Wikipedia que cite as súas fontes conterá ligazóns cara a obras protexidas. Non é necesario obter o permiso do posuidor dos dereitos de autoría para ligar con ese material, así como o autor dun libro non necesita permiso para citar a obra doutra persoa na bibliografía. Do mesmo xeito, a Wikipedia non está restrinxida a ligar unicamente con contidos baixo a licenza CC-BY-SA ou libres.

No entanto, se sabe ou sospeita razoablemente que un sitio web externo viola os dereitos de autoría de terceiros, non inclúa unha ligazón cara a esa copia da obra. Un exemplo sería ligar cun sitio que alberga as letras de moitas cancións sen o permiso dos posuidores dos seus dereitos. Ligar cunha páxina que distribúe ilegalmente a obra de alguén crea unha mala imaxe da Wikipedia e os seus editores. Nos artigos sobre unha páxina web, acéptase incluír unha ligazón cara ao sitio mesmo se hai posibles violacións dos dereitos de autoría.

O contexto tamén é importante. Pódese aceptar unha ligazón cara a un sitio web reputable que fai a crítica dun filme, mesmo se presenta un fotograma da película. Non obstante, ligar directamente co fotograma do filme elimina o contexto e a xustificación do sitio para permitir o seu uso.

Violación dos dereitos de autoría

Aqueles colaboradores que inclúan material protexido por dereitos de autoría en repetidas ocasións, facendo caso omiso ás advertencias, poden acabar bloqueados para evitar futuros problemas.

Se sospeita dunha violación dos dereitos de autoría deixe unha nota na páxina de conversa do artigo. O marcador {{Copyvio}} tamén axuda a sinalar o artigo para alertar os lectores. Outros usuarios han examinar a situación e levarán a cabo algunha acción se fose preciso. Algúns casos serán falsas alarmas. Por exemplo, ás veces pódese atopar texto na internet que foi copiado da Wikipedia en primeiro lugar e non representa unha violación dos dereitos de autoría por parte da Wikipedia.

Se unha páxina contén material que infrinxa os dereitos de autoría, cómpre retirar ese material.

Normas para as imaxes e outros ficheiros multimedia

As imaxes, as fotografías, os vídeos e os ficheiros de son, igual cás obras escritas, están suxeitos aos dereitos de autoría. Alguén posúe os seus dereitos a menos que os puxese no dominio público. Para os ficheiros atopados na internet necesítase obter a licenza directamente do posuidor dos dereitos ou de alguén coa capacidade de xestionar a licenza no seu nome.

As páxinas de descrición das imaxes deben estar marcadas cunha etiqueta especial para indicar o estado legal das imaxes, tal e como se indica en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. As imaxes sen etiquetar ou incorrectamente etiquetadas poden ser borradas mesmo sen previo aviso.

Calquera dúbida sobre os dereitos de autoría dun ficheiro multimedia pódese deixar en Wikipedia:A Taberna (imaxes); algún usuario familiarizado coas licenzas ha axudar co problema.

Dereitos e obrigas da reutilización

Se desexas empregar os materiais da Wikipedia no teu propio libro/artigos/páxinas web ou outras publicacións, pódelo facer, pero tes que seguir a GFDL. Se só estas a copiar o artigo da Wikipedia, debes seguir a sección dous da GFDL; verbatim copying (copia literal).

Se creas unha versión derivada cambiando ou engadindo contidos, tes que ter en conta o seguinte:

  • Os teus materiais deben ser licenciado baixo os termos da GFDL.
  • Debes recoñecer a autoría do artigo (sección 4B).
  • Debes proporcionar acceso á «copia transparente» do material (sección 4J). (A «copia transparente» do artigo da Wikipedia é o texto do wiki.)

Podes cumplir as dúas ultimas obrigas proporcionando unha ligazón ao artigo da Wikipedia hospedado neste sitio web. Tamén tes que proporcionar acceso a unha copia transparente do novo texto. Sen embargo, ten en conta que a Wikimedia Foundation non garante a conservación da información da autoría e unha copia transparente dos artigos. Polo tanto, animámoste a proporcionar esta información de autoría e unha copia transparente coas túas obras derivadas.

Exemplo de aviso

Un exemplo de aviso para un artigo que emprega o artigo da Wikipedia Variábel metasintáctica podería ser así:

Este artigo está licenciado baixo os termos da <a href="http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html">GNU Free Documentation License</a>. Emprega contidos procedentes do <a href="http://en.wikipedia.org/wiki/Enerxía_potencial">artigo da Wikipedia «Enerxía potencial»</a>.

(O título «Enerxía potencial» e o enderezo da URL deben ser substituídos polos correspondentes.)

De outra forma, podes distribuir a túa copia de «Enerxía potencial» xunto con unha copia da GFDL (coma se explica no texto) e unha lista de polo menos cinco autores principais na portada (ou no alto do documento).

Materiais de uso aceptábel e requirimentos especiais

Todo o texto procedente da Wikipedia distribúese baixo os termos da Licenza GNU de documentación libre. Ás veces, os artigos da Wikipedia poden incluir imaxes, sons, ou citas empregadas baixo a o principio do que a lei de Copyright dos Estados Unidos considera "uso aceptábel" (fair use). Prefírese que se obteñan baixo a licenza máis libre, (como a GFDL ou o dominio público). Nos casos nos que nengunha imaxe ou son estén disponíbeis acéptase o emprego de imaxes de "uso aceptábel" (ata que existan imaxes libres equivalentes disponíbeis).

Nestes casos, o material deberá estar identificado como procedente dunha fonte externa (na páxina de descrición da imaxe ou no historial, como resulte máis apropiado). Dado que o "uso aceptábel" depende da utilización concreta que se contemple, é mellor descreber o razoamento de por que se considera que se trata dun "uso aceptábel", ben usando texto agochado no artigo ou na páxina de descrición da imaxe. Lembre que o que pode ser considerado un uso aceptábel na Wikipedia pode non o ser para outra utilización que se lle dé noutro contexto.

Por exemplo, se pretende incluir unha imaxe como de uso aceptábel, terá que asegurarse de que o uso do artigo tamén pode ser considerado como de uso aceptábel (pode non ser o caso, por exemplo, se vai usar o artigo da Wikipedia para fins comerciais que si estarían permitidos pola GFDL pero este uso aceptábel non sería aceptábel para ese uso comercial).

Wikipedia usa algúns texto baixo licenzas que son compatíbeis coa GFDL pero pode requirir condicións adicionais que non se requiren para texto orixinal da wikipedia (tal e como incluir Seccións Invariantes, Textos de Portada ou Textos de Contraportada). Ao usar estes materiais, deberá incluir literalmente esas seccións invariábeis.


Emprego de imaxes

Fotografías do goberno dos EUA

Os materiais que produzan empregados do goberno federal dos Estados Unidos no ámbito do seu traballo considéranse legalmente como dominio público. Porén, apesar da idea popular, o Goberno Federal dos EEUU pode ter de dereitos que lle foran traspasados por terceiros. Por vía de regra, as fotografías dos sitios .mil e .gov están no dominio público. Existen, porén, algunhas excepcións notábeis. Comprobe o aviso sobre privacidade e seguranza do sitio web. Hai que ter tamén en conta que os gobernos doutros países reclaman o copyright das obras producidas polos seus empregados (como, por exemplo, o Copyright Real no Reino Unido). Igualmente, a maioría dos gobernos de estados dos Estados Unidos de América non poñen o seu traballo no dominio público e mesmo non posúen o copyright do seu traballo. Convén comprobar con coidado a información sobre a propiedade antes de copiar.

Fotografías de famosos

Isto está baseado no libro de estilo de imaxes da IMDB (sitio web que ofrece unha "base de datos de películas"); aplícase polo tanto especialmente ás fotografías dos famosos, pero tamén pode aplicarse a outras imaxes. As fotografías lexítimas xeralmente proceden de tres sitios diferentes con autorización.

  1. Os estudos, os produtores, as editoriais ou o medio que orixinalmente tirou a foto.
  2. As axencias que representan os fotógrafos que sacaron a foto ou o mesmo fotógrafo (especialmente no caso das fotografías feitas por aficionados).
  3. Envios do propio famoso/a ou o seu representante legal.

Fotografías da NASA

Artigo principal: Wikipedia:Fotos da NASA.

Se algún dos contidos hospedados na Wikipedia foi empregado sen o seu permiso

Se é propietario dun contido que se está a empregar na Wikipedia sen o seu consentimiento, pode solicitar que sexa eliminado da Wikipedia inmediatamente premendo nesta ligazón. Tamén pode porse en contacto co Axente destinado para que sexa eliminado permanentemte, pero pode levar ata unha semana eliminar a páxina así (tamén pode borrar a páxina pero o texto continuara estando no historial da páxina). En ambos os dous casos precisaremos algunhas probas para aceptar a súa petición de recoñecemento de propiedade.

Notas

  1. Actualmente, os dereitos de autoría caducan algunhas décadas despois da morte do autor.