Mármore: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m Xacemento xeolóxico
Liña 9: Liña 9:
* Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á [[calcita]] formando o mármore, como o [[grafito]], [[clorita]], [[talco]], [[mica]], [[cuarzo]], [[pirita]] e algunhas pedras preciosas como o [[corindón]], [[granate]], [[zirconita]], etc.

* Aténdose ao concepto [[mineraloxía|mineralóxico]], (non ao artesanal) só se consideran mármores aos agregados granoso-vítreos, formadas basicamente por carbonato de calcio e con [[traza]]s máis ou menos significativas de [[carbonato magnésico]] ([[mármore dolomítico]]).

* Na [[natureza]], o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma [[xacemento]]s irregulares que con frecuencia resultan ser [[filón]]s ) e menos frecuentemente formando [[estrato]]s (en capas).
* Na [[natureza]], o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma [[Xacemento xeolóxico|xacemento]]s irregulares que con frecuencia resultan ser [[filón]]s ) e menos frecuentemente formando [[estrato]]s (en capas).
* O principal produtor de mármore mundial é [[Novelda]] na [[provincia de Alacant]], cidade coñecida como '''O País do Mármore'''.
* O principal produtor de mármore mundial é [[Novelda]] na [[provincia de Alacant]], cidade coñecida como '''O País do Mármore'''.
* É famoso o mármore branco de [[Carrara]] en [[Italia]].
* É famoso o mármore branco de [[Carrara]] en [[Italia]].

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2012 ás 05:00

O David de Miguel Anxo é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen a súa características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul, o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas ente elas.

Marmorería en Lugo

Orixe

O mármore é unha rocha metamórfica resultante do metamorfismo da rocha de carbonatos sedimentaria, así como calcaria e pedra de dolomita, ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de calcita, aragonito e cristais de dolomita. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os fósiles e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.

O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños y veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como arxila, limo, area, óxido de ferro, ou rochas silíceas como o xaspe, o sílex, cuarzo, ópalo) que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á serpentina resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son movilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.

Ligazóns externas