Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
* '''[[Próstata]]'''. É unha glándula impar que rodea a parte inicial da uretra. A base da próstata está pegada á cara inferior da [[vexiga urinaria]] e ten un vértice dirixido cara a abaixo. Está atravesada polos condutos exaculadores e pola uretra, os cales se unen por unhas pequenas fendas a cada lado da boca do utrículo prostático. Está dividida en moitos lobuliños incompletos por tecido fibroso, e chea de tubiños secretores. Estes tubiños glandulares forman decenas de condutos prostáticos, que se abren na parede posterior da uretra, principalmente nos seos prostáticos. As secrecións prostáticas conteñen: [[antíxeno]] específico da próstata, [[ácido cítrico]], [[fibrinóxeno]], [[espermina]], [[cinc]], [[magnesio]], [[encima]]s.
* '''[[Glándula bulbouretral|Glándulas bulbouretrais]]''' ou de Cowper. Son un par de pequenas glándulas situadas máis abaixo da próstata e máis arriba do bulbo do pene, á altura da porción membranosa da uretra (pero desembocan na porción esponxosa). Formadas por lobuliños glandulares moi unidos, forman un só conduto duns 2,5 cm, que desemboca na uretra esponxosa. Producen unha secreción lubricante.
* Ademais destas tres glándulas principais, existen numerosas [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que son ramificacións da parede da uretra e producen unha secreción mucosa protectora. Aparecen principalmente na porción esponxosa da uretra.
 
==Notas==
191.653

edicións

Menú de navegación