Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Uretra]]'''. A uretra sae da [[vexiga urinaria]] e chega ao exterior expulsando a [[urina]]. Nas mulleres é un conduto exclusivamente urinario, pero nos homes é un conduto urinario e xenital, xa que os condutos exaculadores verten o seme na uretra na súa porción prostática. A uretra divídese xeralmente en ''porción prostática'', que atravesa a próstata e na que desembocan as secrecións da próstata, ''porción membranosa'', situada entre a próstata e o corpo esponxoso, e ''porción esponxosa'', que cursa polo interior do corpo esponxoso todo ao longo do pene, e cando chega ao glande expándese formando a fosa navicular, que se abre ao exterior por unha fenda vertical chamada orificio uretral externo. Os condutos das glándulas bulbouretrais desembocan na parte proximal da porción esponxosa. Das paredes da uretra, principalmente da porción esponxosa, ramifícanse as [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que producen unha secreción mucosa.
 
===Glándulas===
191.653

edicións

Menú de navegación