Era cuaternaria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: is:Kvartertímabilið
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: tl:Kwaternaryo
Liña 58: Liña 58:
[[sv:Kvartär]]
[[sv:Kvartär]]
[[th:ควอเทอร์นารี]]
[[th:ควอเทอร์นารี]]
[[tl:Kwaternaryo]]
[[tr:Kuvaterner]]
[[tr:Kuvaterner]]
[[uk:Четвертинний період]]
[[uk:Четвертинний період]]

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2012 ás 04:55


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

A Era Cuaternaria, ou Cuaternario, é unha era xeolóxica que se extende desde o final da Era Terciaria, é dicir, hai 1,64 millóns de anos, ata os nosos días. Coñécese esta era tamén como Antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos.

O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da Era Zenozoica.

Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, Glaciación de Mindel, Glaciación de Riss e Glaciación de Würm.

Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morrénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.

Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megacero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.