Augusto Casas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Liña 35: Liña 35:
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ourense]]
[[Categoría:Nados en Ourense]]
[[Categoría:Nados en 1906]]
[[Categoría:Finados en 1973]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2012 ás 21:13

Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio da Gobernación e alí residiu toda a súa vida. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en diferentes revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.

É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.

Obra

En castelán

  • Alma triste, 1924 (poesia).
  • Panal y flor, 1927 (poesia).
  • Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía).
  • El Papa Luna, 1945 (biografía).
  • Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía).
  • La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa).

En galego

  • Muiñada das estrelas, 1926 (narrativa).
  • O vento segrel, 1932 (poemario).
  • Cantigas da noite moza, 1950 (poemario).
  • Isa folla que vai polo río, 1954 (poemario).
  • Alén, 1962 (poemario).
  • Sevidume da treva, 1964 (poemario).

Traducións

  • Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.

Véxase tamén

Ligazóns externas