Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
* '''[[Conduto deferente]]'''. É a continuación do conduto do epidídimo. Ascende facendo un percorrido duns 45 cm ata unirse ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador. Ascende pola parte posterior do testículo, e na zona superior deste únese aos vasos e nervios do testículo e epidídimo, e queda todo o conxunto unido por tecido fibroso, formando o cordón espermático. Ao chegar ao anel inguinal profundo sepáranse os vasos e nervios e o conducto deferente segue só; despois, fai unha curvatura e penetra na pelve menor e conforme se achega á vesícula seminal faise máis groso formando a chamada ampola do conduto deferente.
 
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o [[conduto exaculador]] de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Uretra]]'''. A uretra sae da [[vexiga urinaria]] e chega ao exterior expulsando a [[urina]]. Nas mulleres é un conduto exclusivamente urinario, pero nos homes é un conduto urinario e xenital, xa que os condutos exaculadores verten o seme na uretra na súa porción prostática. A uretra divídese xeralmente en ''porción prostática'', que atravesa a próstata e na que desembocan as secrecións da próstata, ''porción membranosa'', situada entre a próstata e o corpo esponxoso, e ''porción esponxosa'', que cursa polo interior do corpo esponxoso todo ao longo do pene, e cando chega ao glande expándese formando a fosa navicular, que se abre ao exterior por unha fenda vertical chamada orificio uretral externo. Os condutos das glándulas bulbouretrais desembocan na parte proximal da porción esponxosa.
191.653

edicións

Menú de navegación