Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
==Órganos internos==
Distinguiremos os testículos, epidídimo, os condutos que levan o seme, e as glándulas. <ref name=Anat/>
 
===Epidídimo===
 
===Glándulas===
Estas glándulas segregan líquidos que forman parte do [[seme]], con función protectora, nutritiva ou lubricante e danlle certas propiedades ao seme. Son a próstata, as vesículas seminais e as glándulas bulbouretrais. <ref name=Anat/>
 
* '''[[Vesícula seminal|Vesículas seminais]]'''. Son un par de glándulas con forma de sáculo situadas na base da vexiga e por diante do recto. O extremo superior é groso e arredondado, e a parte inferior adelgázase e forma un curto conduto, que se fusiona co conduto deferente, formando o conduto exaculador. As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s.
* '''[[Próstata]]'''. É unha glándula impar que rodea a parte inicial da uretra. A base da próstata está pegada á cara inferior da [[vexiga urinaria]] e ten un vértice dirixido cara a abaixo. Está atravesada polos condutos exaculadores e pola uretra, os cales se unen por unhas pequenas fendas a cada lado da boca do utrículo prostático. Está dividida por moitos lobuliños incompletos por tecido fibroso, e chea de tubiños secretores. Estes tubiños glandulares forman decenas de condutos prostáticos, que se abren na parede posterior da uretra, principalmente nos seos prostáticos. As secrecións prostáticas conteñen: [[antíxeno]] específico da próstata, [[ácido cítrico]], [[fibrinóxeno]], [[espermina]], [[cinc]], [[magnesio]], [[encima]]s.
* '''[[Glándula bulbouretral|Glándulas bulbouretrais]]'''. Son un par de pequenas glándulas situadas máis abaixo da próstata e máis arriba do bulbo do pene, á altura da porción membranosa da uretra (pero desembocan na esponxosa). Formadas por lobuliños glandulares moi unidos, forman un só conduto duns 2,5 cm, que desemboca na uretra esponxosa. Producen unha secreción lubricante.
 
==Notas==
{{listaref}}
191.653

edicións

Menú de navegación