Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
==Órganos externos==
As únicas partes dos órganos xenitais masculinos que se poden ver desde o exterior son o escroto e o pene <ref name=Anat>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 585-600. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
* '''[[Escroto]]'''. É un saco de pel no que se encontran os testículos. Interiormente está dividido por un tabique en dúas metades ou cámaras, unha para cada testículo. Pode contraerse e achegarse máis ao corpo ou relaxarse e formar un saco pendurado, o que coloca aos testículos máis ou menos preto da calor corporal,para que teñan a temperatura axeitada, que debe ser algo inferior á do coropo. Isto é posible porque o escroto ten unha capa de músculo liso chamada dartos. A fascia do dartos continúase con fascias do pene e superficiais do abdome, e fibras do dartos chegan ao tabique do escroto. A pel do escroto é máis escura ca a do corpo e na liña media ten unha crista chamada refe, e ten pelos. O escroto ten varias capas: a pel, fascia superficial e o dartos son comúns a todo escroto, e cada unha das dúas cámaras do escroto están revestidas polas túnicas vaxinal, fascia espermática interna, cremáster e fascia cremastérica e a fascia cremastérica externa.
* '''[[Pene]]'''. O pene é o órgano copulador atravesado pola [[uretra]], que non pasa polo seu centro senón pola parte inferior. O pene está formado principalmente por tecido eréctil chamado tecido cavernoso, con moitos vasos sanguíneos, que ao encherse de sangue provoca a erección. Divídese en raíz (no interior da pelve), corpo do pene e glande (no extremo). No interior hai tres columnas de tecido eréctil; na parte superior e central hai dúas, que forman os corpos cavernosos, rodeado por unha cápsula fibrosa, e a terceira é máis ventral e pequena e forma o corpo esponxoso atravesado pola uretra. No corpo do pene os corpos cavernosos e esponxoso van xuntos no corpo do pene, pero sepáranse na raíz, e o esponxoso forma na raíz un engrosamento chamado bulbo do pene. Na parte dorsal central do pene, sobre os corpos cavernosos, cursan arterias e veas. O glande do pene é o engrosamento do seu extremo, formado polo corpo esponxoso, onde se abre a uretra ao exterior polo orificio uretral externo. O glande está cuberto por un pregamento da pel chamado prepucio, que é libre e pode retraerse, descubrindo o glande. Debaixo do prepucio acumúlase unha secreción chamada [[esmegma]]. O pene está sostido por dous ligamentos, o ligamento suspensorio do pene e o ligamento fundiforme.
191.653

edicións

Menú de navegación