Xerome Emiliani: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ca, cs, de, en, es, fr, hu, it, nl, pl, pt, ro, ru, sw
Liña 13: Liña 13:
É patrón de [[Treviso]] e Venecia.
É patrón de [[Treviso]] e Venecia.
[[Categoría:santos]]
[[Categoría:santos]]

[[ca:Gerolamo Emiliani]]
[[cs:Jeroným Emiliani]]
[[de:Hieronymus Ämiliani]]
[[en:Gerolamo Emiliani]]
[[es:Jerónimo Emiliani]]
[[fr:Jérôme Emilien]]
[[hu:Emiliáni Szent Jeromos]]
[[it:Gerolamo Emiliani]]
[[nl:Hiëronymus Emiliani]]
[[pl:Hieronim Emiliani]]
[[pt:Jerónimo Emiliano]]
[[ro:Ieronim Emiliani]]
[[ru:Эмилиани, Иероним]]
[[sw:Jeromu Emilian]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2012 ás 17:55

Xerome Emiliani, nado en Venecia en 1486 e finado en Somasca o 8 de febreiro de 1537, fundador dos Cregos Regulares de Somasca adicada á atención dos marxinados e enfermos e particularmente á infancia e á xuventude desamparada.

Traxectoria

Fillo de Anxo Emiliani, senador da República veneciana. Orfo de pai aos dez anos, seguiu a carreira militar guerreando contra o Papa e a Liga de Cambrai en defensa do seu Estado. Foi alcaide e rexente de Caltelnuovo di Quero sul Piave, caendo prisioneiro cando os franceses, aliados do Papa e unidos a el na Liga de Cambrai, tomaron a praza. Conseguiu escapar, e máis tarde, en 1516, retomou o cargo e se fixo cargo da viuva do seu irmán falecido e dos seus catro fillos.

Coñeceu a Caetano de Thiene en 1527, o que influiu en que se implicase ao servizo do hospital de enfermos incurables de Venecia. Asemade, abriu un obradoiro para formar a nenos e xente nova marxinada. Entregado á cura de enfermos durante as epidemias, en 1531, el mesmo se contaxia. Recuperado, entrega todos os seus bens aos pobres e parte a Bérgamo para fundar con varios laicos obras de atención a orfos, prostitutas e enfermos. Espallou a súa acción a varias cidades italianas como Milán, Pavía ou Brescia. En 1534, funda a Congregación de servos dos Pobres, máis tarde denominada somasca, aínda que el non entra na mesma.

En febreiro de 1534, desatada unha epidemia de peste e adicado á atención dos apestados, el mesmo se contaxia mortalmente.

Significación

Foi beatificado o 23 de abril de 1747 por Bieito XIV e canonizado o 12 de outubro 1767 por Clemente XIII. A súa festa celébrase o 8 de febreiro.

É patrón de Treviso e Venecia.