Bandeira de Luxemburgo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: br:Banniel Luksembourg
Liña 77: Liña 77:
[[bg:Национално знаме на Люксембург]]
[[bg:Национално знаме на Люксембург]]
[[bpy:লুক্সেমবুর্গর ফিরালহান]]
[[bpy:লুক্সেমবুর্গর ফিরালহান]]
[[br:Banniel Luksembourg]]
[[bs:Zastava Luksemburga]]
[[bs:Zastava Luksemburga]]
[[ca:Bandera de Luxemburg]]
[[ca:Bandera de Luxemburg]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2012 ás 05:32

 [[|]] A bandeira de Luxemburgo (en luxemburgués: Lëtzebuerger Fändel, en alemán: Flagge Luxemburgs, en francés: Drapeau du Luxembourg) consiste en tres bandas horizontais, vermella, branca e azul, pudendo ser as súas proporcións 1:2 ou 3:5.

Deseño

De acordo co Règlement Grand-Ducal de 27 de xullo de 1993, as cores da bandeira son:

Sistema Vermello Branco Azul claro
Pantone 032 C 1 C 299 C
CMYK 0, 90, 85, 0 0, 0, 0, 0 85, 20, 0, 0

Historia

As cores da bandeira de Luxemburgo foron utilizadas por primeira ao redor do ano 1830, durante a revolución belga. Estas cores probablemente derivasen do escudo dos condes, duques e posteriormente Grandes Duques de Luxemburgo, o cal data do século XIII. O deseño da bandeira como se coñece foi fixado o 12 de xuño de 1845, aínda que non foi adoptada oficialmente o 23 de xuño de 1972.

Luxemburgo non posuíu ningunha bandeira até 1830, cando se instou aos patriotas amosar as súas cores nacionais. A bandeira de Luxemburgo é moi semellante á dos Bandeira dos Países Baixos, aínda que difire desta na cor do azul, que no caso da luxemburguesa é azul claro.

Pavillón

O león vermello é o pavillón oficial paras buques rexistrados en Luxemburgo. Utilízase para o transporte fluvial e marítimo, así como para a aviación. Este indicador baséase no Escudo de armas de Luxemburgo e é usado como a insignia para evitar a posibilidade de que o pavillón sexa confundida coa dos Países Baixos. A bandeira consiste en dez raias brancas e azuis cun león vermello de lingua amarela con coroa superposto. A proporción axeitada desta pavillón é de 5:7.

O Réglement Grand-Ducal de 27 de xullo de 1993 define as cores do pavillón como:

Sistema Vermello Branco Azul claro Amarelo
Pantone 032 C 1 C 299 C 116 C

Discusión sobre a bandeira

Enseña do león vermello.

O 5 de outubro de 2006, o deputado Michel Wolter presentou unha proposta lexislativa para substituír a actual bandeira nacional polo pavillón do león vermello. Sostivo que a bandeira actual é confundida frecuentemente co dos Países Baixos e que, por outro lado, o león vermello era máis popular, máis estético e de maior valor histórico. Wolter tamén afirmou que falara persoalmente o asunto cunhas trescentas persoas, a maioría dos cales expresaron o seu apoio á súa iniciativa.

O 24 de outubro de 2006 unha iniciativa local chamada Initiativ Roude Léiw(iniciativa León Vermello) organizou unha rolda de prensa explicando a súa intención de apoiar o proxecto de Wolter. As súas primeiras accións incluíron a distribución de adhesivos co pavillón para coche, unha petición e unha enquisa. Un obstáculo para a substitución da bandeira podería ser que os veciños da provincia belga de Luxemburgo utilizan un escudo de armas semellante ao da bandeira do león vermello. Ademais, o estado alemán de Hesse tamén incorpora un deseño, semellante dalgún xeito, no seu escudo e bandeira.

Véxase tamén

Ligazóns externas