Xenófanes de Cólofon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: vi:Xenophanes
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Busto_Jenófanes.jpg" que foi borrado en Commons por Fastily. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Busto Jenófanes.jpg
Liña 1: Liña 1:

[[Ficheiro:Busto Jenófanes.jpg|miniatura|Busto de Xenófanes de Cólofon]]
'''Xenófanes de Cólofon''', nado contra o [[-570|570 a.C.]] e finado contra o [[-460|460 a.C.]], foi un filósofo grego nacido en [[Colofón]], na [[Xonia]].
'''Xenófanes de Cólofon''', nado contra o [[-570|570 a.C.]] e finado contra o [[-460|460 a.C.]], foi un filósofo grego nacido en [[Colofón]], na [[Xonia]].



Revisión como estaba o 7 de setembro de 2012 ás 00:39

Xenófanes de Cólofon, nado contra o 570 a.C. e finado contra o 460 a.C., foi un filósofo grego nacido en Colofón, na Xonia.

Traxectoria

Deixou cedo a súa cidade para levar unha vida errante en calidade de rapsodo. Acreditase que pasou algún tempo na Sicilia e tamén en Elea. Segundo a tradición, Xenófanes tería sido mestre de Parménides de Elea. Escribiu unicamente en versos en oposición aos filósofos xonios como Tales de Mileto, Anaximandro de Mileto e Anaxímenes de Mileto.

Da súa obra restaron un centena de versos. A súa concepción filosófica destácase polo combate do antropomorfismo, afirmando que se os animais tivesen o don da pintura, representarían os seus deuses en forma de animais, ou sexa, á súa propia imaxe.

As súas críticas á relixión non tiñan como obxectivo un ataque pleno á dita mais, "dar ao divino unha pura e elevada idea: o verdadeiro deus é único, con poder absoluto, clarividencia perfeita, xustiza infalible, maxestade inmóbel; que en pouco se asemella aos deuses homéricos sempre a deambular polo polo mundo baixo o imperio das paixóns", ou sexa: só existe un deus único, en nada semellante aos homes, que é eterno, non-xerado, inmóbel e puro.

Datos biográficos

Filósofo, poeta, sabio e pensador relixioso. Fundador da escola de Elea. Adversario do antropomorfismo dos poetas, dedicouse a demostrar a unidade e a perfeición de Deus. A súa doutrina é un panteísmo idealista que vé unha unidade en toda a materia.
Xenófanes probabelmente exilouse da Grecia polos persas que conquistaron Colofón no 546 aC. Despois de vivir algún tempo na Sicilia e de levar unha vida errante a través do Mediterraneo, estableceuse en Elea, no sur da Italia.
De aceptar a veracidade dos seus versos, Xenófanes viviu noventa e dous anos, como el mesmo transcribe nese treito:

Xa sesenta e sete anos pasaron

Facendo vagar o meu pensamento pola terra da Hélade;
Do meu nacemento ata entón vinte e cinco hai máis,

Se é que eu sei falar con verdade sobre iso.

Xenófanes e a mitoloxía grega

Expresándose case sempre a través de poemas, os cales recitaba ao longo das súas andanzas, Xenófanes mostraba seu desprezo polos deuses-antropomorfos que eran adorados en súa época e pola aceitación popular da mitoloxía de Homero e de Hesíodo.

“Todo aos deuses atribuíron Homero e Hesíodo,
Todo canto entre os homes merece repulsa e censura,
Roubo, adulterio e fraude mutua.”

Xenófanes atacaba a inmoralidade dos deuses e deusas da mitoloxía grega, ridiculizaba a crenza na transmigración da alma e condenaba a luxuria. Defendía a sabedoría e os praceres sociais sen exceso.

“É de louvarse o home que, bebendo, revela actos nobres
Como a memoria que ten e o desexo de virtude.
Sen nada falar de Titáns, nin de Xigantes,
Nin de Centauros, ficcións criadas polos antigos.
Ou de loitas civís violentas, nas cales nada hai de útil.
Ter sempre veneración polos deuses, isto é bo.”

A Teoloxía de Xenófanes

Xenófanes é considerado pola maioría como sendo máis un reformador relixioso do que un filosófo. Diferentemente de Anaximandro, que criou o concepto do a-peiron (ilimitado, indefinido), mais buscaba na natureza intrínseca da materia a causa para todas as transformacións, Xenófanes dicía que o ser absoluto, esencia de todas as cousas, era o Un. E de acordo con Teofrasto, unha das fórmulas contidas nos ensinamentos de Xenófanes era: “Todo é o Un e o Un é Deus”.

Aristóteles no seu libro Metafísica relata:

Pois Parménides parece referirse ao Un segundo o concepto, e Meliso ao Un segundo a materia. Por iso aquel di que o Un é limitado, e este, que é ilimitado. Xenófanes, o primeiro a postular a unidade, nada esclareceu, nen parece que vislumbrou ningunha desas dúas naturezas, mais, dirixindo o ollar a todo o ceo, di que o Un é o Deus.

Consecuentemente, o concepto Deus é entón criado por Xenófanes como sendo un ser máis alto, cunha identidade abstracta, e non posúe ningún atributo coñecido polos homes, e tampouco é semellante a estes - nen canto á figura, nen canto ao espírito.

A respeito diso, Clemente de Alexandría na súa obra Tapezarias cóntanos:
"Mais se mans tivesen os bois, os cabalos e os leóns
E poidesen coas mans deseñar e crear obras como os homes,
Os cabalos semellantes aos cabalos, os bois semellantes aos bois,
Deseñarían as formas dos deuses e os corpos farían
Tais cais eles propios teñen."

Véxase tamén

Modelo:Link FA