Farelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 32: Liña 32:
[[Categoría:Cereais]]
[[Categoría:Cereais]]


[[ar:نخالة]]
[[ca:Segó]]
[[ca:Segó]]
[[cs:Otruby]]
[[cs:Otruby]]
Liña 57: Liña 58:
[[pt:Farelo]]
[[pt:Farelo]]
[[qu:Hamchi]]
[[qu:Hamchi]]
[[ro:Tărâță]]
[[ru:Отруби]]
[[ru:Отруби]]
[[sc:Ghilingione]]
[[scn:Canigghia]]
[[sl:Otrobi]]
[[sl:Otrobi]]
[[sv:Kli]]
[[sv:Kli]]

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2012 ás 15:37

Farelo de trigo.
Farelo de avea.

O farelo é a parte envolvente dos grans de cereais que se separa da fariña despois da moenda. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Ciencias da Nutrición, recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en fibra. Soe tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito intestinal.

Composición

O farelo é o resultado dun proceso de peneirado da fariña despois da moenda dos grans de cereais. Está formado polo envoltorio dos grans, que conta con cinco capas que, desde fóra para dentro, son:

  1. A capa exterior da caixa, a cutícula
  2. A segunda, o epicarpo
  3. A terceira, o endocarpo
  4. A cuarta, o tegumento
  5. A quinta e máis interna, a aleurona

O farelo contén celulosa, polisacáridos, proteínas, graxa, minerais e auga. Supón preto do 15% en peso do cereal.

Usos

Quizais o máis usado é o farelo de trigo, pero tamén se comercializan doutros cereais, como a avea, o centeo, o arroz, etc.

Actualmente, converteuse nun complemento nutricional común polos seus nutrientes e a fibra que contén. Recoméndase a toma especialmente para facilitar as evacuacións intestinais cando se volven duras ou insuficientes.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas