Diferenzas entre revisións de «Fara (longobardos)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Na fara confluíron dúas estruturas funtamentais da sociedade xermánica: a ''[[Sippe]]'' (a familia extensa) e a ''[[Gefolgschaft]]'' (a libre unión de guerreiros ao redor dun xefe). A segunda semellábase ao ''[[comitatus]]'' xa descrito por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] no [[século I]]. É difícil comprender en que medida os dous compoñentes familiares e militares tiveron importancia. Durante un momento crucial como unha migración é doado intuír como o carácter de ''Gefolgschaft'' tomaría a dianteira. Eran ''Gefolgschaften'' os grupos de ''cynocefali'', os guerreiros escollidos que, con peiteados especiais, buscaban aterrorizar os inimigos que se asemellaban a cans e lobos. Pódese pensar nun grupo de consanguíneos, parecidos aos [[clan]]s de matriz céltica, cun maior carácter militar que noutras estruturas sociais análogas doutros [[pobos xermánicos]].
Durante a fase nómade do [[longobardos|pobo longobardo]] ([[século II|séculos II]]-[[século VI|VI]]) xunto aos deberes militares, na fara, acompañábanse os sociais: o grupo debía garantir a paz interna, asegurar o sostemento de todos, erixir os refuxios provisorios ao final dos desprazamentos. Á cabeza das faras estaba un [[Duque (longobardos)|duque]], guerreiro condecorado con tal dignidade polas ligazóns dinásticas e polo valor militar mostrado na guerra e premiado polo soberano. A cohesión interna estaba asegurada polas ligazóns familiares que os membros dunha fara consideraban que tiñan os uns cos outros; durante a estancia de vinte anos en [[Pannonia]] (sobre [[547]] - [[568]]), con todo, o inevitábel xurdimento de diferenzaseconómicas permitiulles aos duques máis ricos e poderosos acolleren na súa propia fara combatentes menos provistos de medios.
A invasión de [[Italia]], en [[568]], foi organizada por [[Alboíno]] baseándose nas faras, que constituíron á vez as unidades militares e migratorias, por medio das cales os [[longobardos]] penetraron na Península. Unha vez xuntos nun novo territorio, unha fara era seleccionada para situarse nun punto estratéxico, apoiándose normalmente en estruturas preexistentes. Por exemplo, o primeiro [[Duque (longobardos)|duque longobardo]] creado por Alboíno en Italia, [[GisulfoXisulfo I de Friúl]], situouse co seu séquito na cidade de [[Cividale del Friuli|Cividale]]. Ao rematar a conquista, as faras conservaron aínda por algúns anos as súas características de mobilidade e de provisionalidade, para despois evolucionar progresivamente a asentamentos estábeis.
 
== Os asentamentos ==
52.804

edicións

Menú de navegación