Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
taboa
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|42|51|43.81|N|8|33|27.70|W|display=title}}
{{Compañía
| nome_compañía = CRTVG
| logo_compañía = [[File:CRTVG.svg|250 px]]
| pé =
| tipo_compañía = [[Sociedade Anónima]]
| fundación = [[1984]] emisión [[1985]]
| matriz = FORTA
| localización = Bando-San Marcos [[Santiago de Compostela]] 15820 [[Provincia da Coruña|A Coruña]] {{GAL}}
| fundador =
| persoas_clave = Alfonso Sánchez Izquierdo (Director Xeral)
| industria = [[Televisión]] [[Radio]]
| produtos = Información Entretemento
| beneficio =
| beneficio_operativo =
| beneficio_neto =
| núm_empregados =
| páxina_web = {{URL|http://www.crtvg.es|crtvg.es}}
| notas =
}}


A '''CRTVG''' é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo [[Parlamento de Galicia]] en [[1984]] co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de [[Galicia]]. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas [[TVG|Televisión de Galicia S.A]]. e [[RTG|Radio-televisión de Galicia S.A]]. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.
A '''CRTVG''' é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo [[Parlamento de Galicia]] en [[1984]] co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de [[Galicia]]. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas [[TVG|Televisión de Galicia S.A]]. e [[RTG|Radio-televisión de Galicia S.A]]. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.


Liña 43: Liña 65:
|[[Alfonso Sánchez Izquierdo]]
|[[Alfonso Sánchez Izquierdo]]
|}
|}



==Programación==
==Programación==

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2012 ás 23:13

Coordenadas: 42°51′43.81″N 8°33′27.70″O / 42.8621694, -8.5576944

CRTVG
Ficheiro:CRTVG.svg
TipoSociedade Anónima
Fundación1984 emisión 1985
MatrizFORTA
LocalizaciónBando-San Marcos Santiago de Compostela 15820 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveAlfonso Sánchez Izquierdo (Director Xeral)
IndustriaTelevisión Radio
ProdutosInformación Entretemento
Na rede
https://www.crtvg.es/
editar datos en Wikidata ]


A CRTVG é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

Historia

O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da lingua galega, dunha banda o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro Rivas, era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente José Manuel Romay Beccaría era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do BNPG-PSG e EG estaban totalmente a favor da súa creación. O 11 de xullo de 1984 aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia[1]

A TVG e a Radio Galega iniciaron as súas emisións en 1985 e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.

Na actualidade a CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio (DAB e TDT) e as canles de televisón TVG, G2, TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por TDT e G2 exclusivamente por TDT.

O seu Consello de Administración está composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo Parlamento de Galicia entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.

A TVG e a Radio Galega contan cun consello asesor, que non ten competencias decisorias, senón só asesoras. Está compostos por vogais elixidos entre os traballadores, xestores dos servizos públicos, representantes da Administración Autónoma, Consello da Cultura Galega, universidades, Parlamento e deputacións provinciais.

A Dirección Xeral é un órgano universoal que ten a responsabilidade executiva e é nomeado polo Goberno de Galicia para cada lexislatura. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.

Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.

Lista dos directores xerais

Anos Director
1985-1986 Luis Losada
1986-1987 Lois Caeiro
1987-1990 Abilio Bernardo de Quirós
1990-1994 Ramón Villot
1994-2005 Francisco Campos
2005-2009 Benigno Sánchez
2009- Alfonso Sánchez Izquierdo


Programación

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas