Pradairo común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Elvire (conversa | contribucións)
m retiro categorias redundantes Categoría:Sapindaceae Acer monspessulanum
Liña 26: Liña 26:


[[Categoría:Aceraceae|Pradairo común]]
[[Categoría:Aceraceae|Pradairo común]]
[[Categoría:Sapindaceae|Pradairo común]]
[[Categoría:Árbores|Pradairo común]]
[[Categoría:Acer]]
[[Categoría:Acer]]



Revisión como estaba o 3 de setembro de 2012 ás 18:10

Pradairo común
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Acer
Nome científico
Acer pseudoplatanus L.
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O pradairo común ou pradairo bravo (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore caducifolia do xénero Acer, da familia Sapindaceae, antes da antiga familia Aceraceae, común en Galicia, especialmente en solos húmidos.

Descrición

O pradairo bravo é unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan). A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes. As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmeadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso, onde mostran pelos nos nervos.

As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames. Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.

É unha árbore de medre rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta. Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore. Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies, especialmente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.

Utilización

O pradairo común, coma outros pradairos, cultívase como planta ornamental. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados. Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais. En tempos utilizouse para facer zocas. Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.

Mitoloxía

  • Segundo a tradición alemá as cegoñas engadían ponlas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos. e na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha ponla dun pradairo e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.