Wangari Maathai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Liña 28: Liña 28:
{{ORDENAR:Maathai,Wangari}}
{{ORDENAR:Maathai,Wangari}}
[[Categoría:Premio Nobel da Paz]]
[[Categoría:Premio Nobel da Paz]]
[[Categoría:Nados en 1940]]

[[Categoría:Finados en 2011]
[[ar:وانجاري ماثاي]]
[[ar:وانجاري ماثاي]]
[[be:Вангары Маатаі]]
[[be:Вангары Маатаі]]

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2012 ás 15:05

Wangari Maathai

Wangari Muta Maathai, nada o 1 de abril de 1940 en Nyeri e falecida o 26 de setembro de 2011 en Nairobi, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

Premio Nobel da Paz

"Maathai permaneceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Quenia", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación."

Controversia

Maathai causou controversia entre os comentadores dos medios de comunicación, cando nunha conferencia de prensa seguinte ao anuncio do Premio Nobel, ela falou a favor da alegación de que o virus HIV era un produto creado polo ser humano a través de bio-enxeñaría, e entón lanzado na África por científicos occidentais non-identificados como unha arma de destrución masiva para "punir os negros". A alegación foi apoiada só por unha pequena minoría, é unha das varias teorías conspiratorias da SIDA. Desde entón ela fuxiu de ter unha posición definitiva, alegando que "Eu non sei sobre a orixe... E espero que un día o saibamos, porque iso é algo que obviamente todos queremos saber, da onde vén a doenza".

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas


[[Categoría:Finados en 2011]