Valentín Arias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Liña 92: Liña 92:
[[Categoría:Tradutores ao galego]]
[[Categoría:Tradutores ao galego]]
[[Categoría:Nados en Sarria]]
[[Categoría:Nados en Sarria]]
[[Categoría:Nados en 1934]]
[[Categoría:Finados en 2011]]

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2012 ás 12:52

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 22 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011[1], foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma en Vigo. Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.

Obra

Ensaio

  • A lingua galega na escola, 1969, Galaxia.
  • Lecturas galegas, 1972.
  • A escola rural en Galicia, 1975.
  • Lois e Sabela, 1983.
  • Catro nenos, 1984.
  • En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia.
  • Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia.
  • Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio.
  • Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.

Traducións

Edicións

Obras colectivas

  • Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo.
  • Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos.
  • Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.

Traducións colectivas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas