Acacia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 32: Liña 32:


==Especies==
==Especies==
{{AP|Anexo:Especies de Acacia}}
===Asilvestradas en Galicia===
===Asilvestradas en Galicia===
* ''[[Acacia dealbata]]'' - [[Mimosa]]. Ampliamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
* ''[[Acacia dealbata]]'' - [[Mimosa]]. Ampliamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2012 ás 19:32

Acacia (xénero Acacia)

Acacia heterophylla
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: ''Acacia''

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da famílea Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta, etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onda se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Considéranse especies invasoras.

Distribución

Existen unhas 1.300 especies no mundo e, destas, 950 especies proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes. En Galicia considéranse especies invasoras.

Hábitat

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.

Ecoloxía

As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios (coma en Galicia), desprazando ecosistemas autóctonos (mimosa, acacia negra).

Cultivo

Mimosa, Acacia dealbata

Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente do camiño de ferro e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.

Especies

Artigo principal: Anexo:Especies de Acacia.

Asilvestradas en Galicia

  • Acacia dealbata - Mimosa. Ampliamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
  • Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia negra, diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
  • Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos, presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
  • Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raquis baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas (Pontevedra).
  • Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
  • Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.[1]

Outras

As especies máis cultivadas son:

Algunhas especies ameazadas de extinción:

  • Acacia parviceps (Speg.) Burk.
  • Acacia velutina var. monadena Hassler.

Outras especies:

  1. http://mediorural.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/especies/especies_invasoras/flora_invasora_de_galicia/acacia_alcacia_mimosa/