Piso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''piso''' é o '''chan''', a superficie sobre a que se anda. Normalmente chámase piso cando falamos dunha superficie inferior horizontal dun espazo arquitectónico, sendo a ve..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
Nalgúns edificios, especialmente en [[Hotel|hoteis]] non existe a planta número trece, pasando a numeración da planta doce á catorce. Isto é por mor ao pavor irracional ao número 13, chamado [[triscaidecafobia]].
Nalgúns edificios, especialmente en [[Hotel|hoteis]] non existe a planta número trece, pasando a numeración da planta doce á catorce. Isto é por mor ao pavor irracional ao número 13, chamado [[triscaidecafobia]].


Na [[Arquitectura tradicional|construción tradicional]] galega, a casa adoitaba ter só dous pisos: a planta terrea (planta baixa) e o [[sobrado]] (primeiro andar), ademais do [[faiado]].
Na [[Arquitectura popular|construción tradicional]] galega, a casa adoitaba ter só dous pisos: a planta terrea (planta baixa) e o [[Sobrado (arquitectura)|sobrado]] (primeiro andar), ademais do [[faiado]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
* http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=piso</ref>.
* http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=piso</ref>.


[[Categoría:Espacios arquitectónicos]]
[[Categoría:Espazos arquitectónicos]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]



Revisión como estaba o 29 de agosto de 2012 ás 17:29

O piso é o chan, a superficie sobre a que se anda. Normalmente chámase piso cando falamos dunha superficie inferior horizontal dun espazo arquitectónico, sendo a verba chan máis xeral. Por extensión tamén se chama piso á superficie de táboas onde o carro leva a carga.

Piso con pavimento de parqué.

Homónimos

  • Chámase tamén piso, andar ou planta aos diferentes niveis dun edificio.
  • Igualmente na linguaxe coloquial recibe o nome de piso a vivenda nun edificio de varias plantas
  • Tamén se lle chama piso aos materiais que conforman a superficie superior do chan:pavimento, incluso os das zonas exteriores á edificación.
  • En calzado, piso fai referencia á sola do zapato.

Numeración dos pisos en edificios

Hai discrepancias nos costumes de numerar os pisos ou andares nos edificios entre os diferentes países.

Na meirande parte de Europa, Iberoamérica e na Mancomunidade Británica de Nacións, o piso situado no nivel do terreo é a planta baixa ou planta terrea, e o piso de enriba é o primeiro andar, manténdose o emprego continental europeo que pasa de moda a partir da construción de palacios.

En Francia, por exemplo, o termo para a planta baixa é rez de chaussée (rentes do chan). NosEstados Unidos e no Canadá (agás en Quebec), o piso terreo é, polo xeral, o primeiro andar e o piso de enriba é o segundo andar. Este sistema tamén é usado en Chile, Rusia e outros países da ex Unión Soviética. A China segue o sistema estadounidense, porén os números usados son cardinais (un, dous, tres, etc.) en lugar dos ordinais (primeiro, segundo, terceiro ou terzo).

Nalgúns edificios, especialmente en hoteis non existe a planta número trece, pasando a numeración da planta doce á catorce. Isto é por mor ao pavor irracional ao número 13, chamado triscaidecafobia.

Na construción tradicional galega, a casa adoitaba ter só dous pisos: a planta terrea (planta baixa) e o sobrado (primeiro andar), ademais do faiado.

Véxase tamén