Giacomo Casanova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 44: Liña 44:
[[lt:Giacomo Casanova]]
[[lt:Giacomo Casanova]]
[[ml:കാസനോവ]]
[[ml:കാസനോവ]]
[[mzn:محک منو حذف کن 170]]
[[nl:Giacomo Casanova]]
[[nl:Giacomo Casanova]]
[[no:Giacomo Casanova]]
[[no:Giacomo Casanova]]

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2012 ás 05:00

Retrato de Giacomo Casanova (Francesco Casanova, ~1750)

Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e falecido o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.

Traxectoria

O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película Il Casanova di Federico Fellini.

Modelo:Link FA