Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) + cat |
|||
Liña 19: | Liña 19: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
* |
*{{Cita libro| autor =[[Xosé Manuel Rivas Troitiño|Rivas Troitiño, Xosé Manuel]]| título =O gaiteiro de Soutelo | ano =1977| publicación =| id = }} |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
* |
*[http://www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm Galicia espallada] |
||
* |
*[http://www.forcarei.net/html/xentes/AvelinoCachafeiro.htm Xentes de Forcarei] |
||
* |
*[http://www.webterrademontes.com/GentAve.htm Asociación Amigos da Terra de Montes] |
||
{{ORDENAR:Cachafeiro}} |
{{ORDENAR:Cachafeiro, Avelino}} |
||
[[Categoría:Artigos destacados]] |
[[Categoría:Artigos destacados]] |
||
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]] |
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]] |
||
[[Categoría:Gaiteiros]] |
[[Categoría:Gaiteiros]] |
||
[[Categoría:Nados en 1899]] |
|||
[[es:Avelino Cachafeiro]] |
[[es:Avelino Cachafeiro]] |
Revisión como estaba o 27 de agosto de 2012 ás 18:39
Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron para a compañía Regal a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
Xiras e retirada
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Bos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A Guerra Civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).
Outros labores
En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.
A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Rivas Troitiño, Xosé Manuel (1977). O gaiteiro de Soutelo.