Río Wouri: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m r2.7.3) (Bot: Engado: lt:Vuris
Liña 26: Liña 26:
[[fr:Wouri]]
[[fr:Wouri]]
[[it:Wouri]]
[[it:Wouri]]
[[lt:Vuris]]
[[pl:Wouri (rzeka)]]
[[pl:Wouri (rzeka)]]
[[pt:Rio Wouri]]
[[pt:Rio Wouri]]

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2012 ás 17:10

Estuario do río Wouri

O Wouri (tamén grafado Vouri ou Vuri) é un río de Camerún, que desemboca no Océano Atlántico despois de percorrer 160 km.

Percurso

O Wouri está formado pola confluencia doutros dous ríos, o Ykam e o Makombé, que se xuntan 32 km ao nordeste da cidade de Yabassi. O Wouri flúe a partir de aí por 160 km, en dirección suleste, até formar o seu estuario á par da cidade de Douala, o porto máis importante e o principal centro industrial de Camerún, no suroeste do país, sobre o Golfo de Guinea.

Navegabilidade

O río é navegábel por 64 km, augas arriba, a contar desde Douala.

Exploración e nomes

Cóidase que foi o explorador e navegante portugués Fernão do Pó, ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano 1472. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de camarónss e langostíns que había no río, polo que o denominaron Rio dos Camarões, de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.

A ponte de Bonabéri

A ponte Bonabéri

Na década de 1950, durante o período colonial, os francese sconstruíron unha ponte sobre o Wouri, que ligaba a cidade de Douala con a de Bonabéri. Dita ponte tornouse nun dos eixos máis importantes para a economía do oeste camerunés, polo intenso tráfico que soporta. En 2004 a ponte sufríu importantes obras de rehabilitación.