Robert Smith: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1959 mediante HotCat
Liña 37: Liña 37:


{{ORDENAR:Smith, Robert}}
{{ORDENAR:Smith, Robert}}
[[Categoría:Personalidades da música]]
[[Categoría:Personalidades da música do Reino Unido]]
[[Categoría:Nados en 1959]]
[[Categoría:Nados en 1959]]



Revisión como estaba o 25 de agosto de 2012 ás 12:28

Robert Smith
Nome completoRobert James Smith
Data nacemento21 de abril de 1959 (64 anos)
Nado enBlackpool, Inglaterra Inglaterra
CónxuxeMary Poole
Ocupacióncantautor, guitarrista, cantante, produtor e teclista
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conThe Cure, Siouxsie & the Banshees, Easy Cure, The Glove
Tempo en activo1976 - actualidade
Na rede
IMDB: nm0809733 MySpace: robertsmith Spotify: 0SHJWEBfbcjkE8bGiSTykk Musicbrainz: 7d1a1624-784b-4f89-8ff9-b9b493cd059d Songkick: 1042854 Discogs: 73783 Allmusic: mn0001033109 WikiTree: Smith-183792 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert James Smith, nado en Blackpool o 21 de abril de 1959, é guitarrista, vocalista e compositor do grupo inglés de rock The Cure. É o seu líder e único membro permanente dende a formación da banda en 1976.

Smith toca, ademais da guitarra, o baixo de 6 cordas e os teclados. O seu peculiar e intrincado xeito de tocar a guitarra e o uso innovador dos efectos de flanger, chorus e phaser fixeron que fose considerado un guitarrista pioneiro no new wave e o indie rock. Robert tamén tocou na banda Siouxsie & the Banshees.

Biografía

Smith naceu en Blackpool (Lancashire). Criouse nunha familia católica de clase traballadora que se trasladou a Sussex. Estudou na Notre Dame Middle School e na St. Wilfrid's Comprehensive School en Crawley, e con 14 anos formou o seu primeiro grupo co seu irmán Richard e a súa irmá Janet.

Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibíu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos Lol Tolhurst e Michael Dempsey. En outubro de 1976 a banda, chamada Malice e que xa contaba con Porl Thompson, comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de 1977 a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en Londres. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de 1978 reuníronse con Polydor, xa co nome The Cure, e naceu o seu primeiro álbum, Three Imaginary Boys.

Estética

Smith axudou a popularizar o estilo gótico coa súa imaxe habitual comosta por beizos pintados de vermello, pel pálida, o seu cabelo cardado negro, roupas tamén negras e zapatillas de deporte; unha estética que comezou a usar a principios dos anos 80.

As súas composicións para os primeiros álbums da banda centrábanse en temas como a depresión, a soidade e o illamento. O estado de ánimo sombrio deses traballos, xunto co seu comportamento no escenario, cementaron a imaxe gótica da banda.

A estética de The Cure pasou de sombría a psicodélica co seu álbum The Top. En 1986, Smith alterou a súa imaxe, aparecendo nos concertos e nas fotos promocionais co pelo curto de punta e vestindo polos.