Lontra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lig. int.
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: he:לוטרות
Liña 82: Liña 82:
[[gn:Kyja]]
[[gn:Kyja]]
[[gv:Dooarchoo]]
[[gv:Dooarchoo]]
[[he:לוטרות]]
[[hr:Vidre]]
[[hr:Vidre]]
[[hu:Vidraformák]]
[[hu:Vidraformák]]

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2012 ás 19:07

Londra europea
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Lutrinae
Xénero: Lutra
Especie: ''L. lutra''
Nome binomial
'Lutra lutra'
(Linnaeus, 1758)
Distribución Lutra lutra
Distribución Lutra lutra

Distribución Lutra lutra

A lontra ou londra (Lutra lutra) é un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. Vive na Europa, Asia, parte sur de América do Norte e ao longo de toda América do Sur, incluíndo o Brasil e a Arxentina. O seu hábitat natural é no litoral ou próximo aos ríos onde busca alimentos como peixes, crustáceos, réptiles e, menos frecuentemente, aves e pequenos mamíferos.

Xeralmente a lontra ten hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. Os grupos sociais están formados polas femias e as súas crías. Os machos non viven en grupos e só se xuntan ás femias na época de procreación. O período de xestación da lontra é de preto de 2 meses e ao fin nacen de 1 a 5 crías.

A lontra adulta mide de 55 a 120 centímetros de lonxitude (incluíndo a cauda) e pesa ata 15 quilos. Aínda que a súa carne non sexa comercializada, a lontra forma parte da lista de animais ameazados de extinción principalmente polo alto valor da súa pel e pola depredación dos ecosistemas aos que a lontra está adaptada.

Ese animal posúe unha pelaxe con dúas capas, unha externa impermeábel e outra interna usada para o illamento térmico. O corpo á súa vez é hidrodinámico, preparado para nadar a alta velocidade. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía todo o seu potencial de pesca aos bigotes, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles.

Aínda que sexa un animal carnívoro e normalmente salvaxe, a lontra é dócil e gusta de brincar coas persoas, sendo posíbel domesticala.

Xéneros

  • Lutra lutra (Linnaeus, 1758) - Lontra Europea
  • Lutra longicaudis (Olfers, 1818) - América central e América do Sur, do Norte do México ao Uruguai.

Sinonimias:

  • Lutra platensis (Waterhouse, 1838)
  • Lutra annectens
  • Lutra enudris
  • Lutra incarum

Poboacións

Durante os anos cincuenta e sesenta, as lontras sufriron unha forte mingua das súas poboacións europeas, ao igual cás aves de rapina. Os pesticidas, coma o dieldrin, pasaron aos peixes e afectaron notablemente as lontras[Cómpre referencia]. Nos últimos anos as súas poboacións están progresando en cifras xerais[1] en Europa, e en particular en Galiza estendendo a súa área de distribución á costa (o 70% da costa galega ten poboacións de lontra[2]. Entre 1981 e 2004, a lontra aumentou ata un 20% no territorio galego, particularmente nas provincias setentrionais[3].

Na literatura

O naturalista escocés Gavin Maxwell escribiu un libro clásico sobre lontras, Ring of Bright Water, onde narra a convivencia de anos coa súa lontra Edal, ata que esta faleceu no incendio da casa de Maxwell.

Notas

  1. All About Otters, in Birds, revista da RSPB, febreiro-abril 2008, vol. 22, nº1
  2. A lontra expándese en Galicia e ocupa xa máis do 70% da costa, La Voz de Galicia, 06.02.08
  3. A lontra expándese en Galicia e ocupa xa máis do 70% da costa, La Voz de Galicia, 06.02.08

Véxase tamén

Outros artigos