Floruit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 6: Liña 6:
O uso desta expresión comezou entre os [[Grecia antiga|gregos]], onde se facía referencia á idade das celebridades (políticas, literarias, filosóficas) tendo en conta só o momento no que acadara o cumio (''ἀκμή'' transliter. ''akmé'' ou ''acmé'') da súa actividade, que en xeral se asociaba a un evento determinado (os [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|Xogos Olímpicos]], o acceso ó poder dun gobernante, etc.).

== Notas ==
{{listaref}}

[[Categoría:Locucións latinas]]
[[Categoría:Locucións latinas]]

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2012 ás 14:14

Floruit (a miúdo abreviado fl. ou flor.) é unha voz provinte do latín, a terceira persoa de singular do pretérito perfecto de indicativo do verbo florere, florecer, prosperar.

Emprégase para facer referencia a un período de tempo durante o cal unha persoa se atopaba nunha etapa florecente, unha escola, un movemento ou mesmo unha especie biolóxica, e úsase cando non se coñece con seguridade nin a data de inicio (nacemento, formación, creación, etc.) nin a data de finalización (morte, ruptura, destrución, etc.), só algúns fitos que amosan a actividade de tal persoa, escola, movemento ou especie.

O uso desta expresión comezou entre os gregos, onde se facía referencia á idade das celebridades (políticas, literarias, filosóficas) tendo en conta só o momento no que acadara o cumio (ἀκμή transliter. akmé ou acmé) da súa actividade, que en xeral se asociaba a un evento determinado (os Xogos Olímpicos, o acceso ó poder dun gobernante, etc.).