Costanza, duquesa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: cs:Konstancie Kastilská (1394)
RedBot (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
[[Categoría:Infantes de Castela]]
[[Categoría:Infantes de Castela]]


[[bg:Констанца Кастилска]]
[[bs:Konstancija Kastiljska (vojvotkinja od Lancastera)]]
[[bs:Konstancija Kastiljska (vojvotkinja od Lancastera)]]
[[ca:Constança de Castella]]
[[ca:Constança de Castella]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2012 ás 19:56

Constanza de Lancaster ou de Constanza de Castela (1354-1394) foi duquesa de Lancaster, desde 1371 até á súa morte.

Traxectoria

Constanza era filla lexítima de Maria de Padilla e de Pedro I de Castela. Descendía, por vía paterna, dos reis de Portugal, pois a súa avoa paterna, a infanta María de Portugal, era filla de Beatriz de Castela e de Afonso IV de Portugal, e o seu avó paterno, Afonso IX de Castela, era fillo da infanta Constanza de Portugal e de Fernando IV de Castela.

Tras a morte do seu irmán, o príncipe herdeiro Afonso, en 1362, tendo el só 3 anos, Constanza foi nomeada herdeira de seu pai, pois era a súa filla máis vella (máis aló dela, só había as súas irmás, Beatriz, e Sabela).

Coa morte do pai, asasinado polo medio-irmán Henrique, en 1369, o trono dos reinos da Coroa de Castela fica sen herdeiro.

Os pretendentes ao trono eran Constanza, con só 15 anos e o seu tío ilexítimo Henrique de Trastámara, medio-irmán de seu pai e bastardo de Afonso XI de Castela e de Leonor de Guzmán.

En 1371, Constanza casa con Xoán de Gante, duque de Lancaster ou Lencastre (nome dado en Galiza e Portugal), fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainaut, posteriormente, ela e o seu marido serían aférrimos pretendentes ao trono da Coroa de Castela, chegando temporalmente dominar o reino de Galiza que lle solicitara axuda contra o castelán Henrique de Trastámara.

Esta cuestión ficou resolta coa subida ao trono de Henrique, en 1372.

Do casamento de Constanza e de Xoán de Gante, naceron:

  • Catarina de Lancaster ou Plantagenet (1372?1418), consorte de Henrique III de Castela.
  • Xoán Plantagenet (1372-1375).

Constanza faleceu en 1394, con tan só 40 anos, precozmente, debido á peste.