Conversa:Mireia Belmonte: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "Vexo que por varias veces este artigo sufriu modificacións para cambiar de "é unha nadadora catalá" a "é unha nadadora española", e viceversa, en repetidas ocasións. Cál se..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de agosto de 2012 ás 02:56
Vexo que por varias veces este artigo sufriu modificacións para cambiar de "é unha nadadora catalá" a "é unha nadadora española", e viceversa, en repetidas ocasións. Cál sería o máis correcto? Sentimentos nacionalistas a parte, cál deberiamos pór? É unha nadadora catalá, e polo tanto española, entendo que ao ser isto a wikipedia en galego, ante persoas (ou lugares, ou o que sexa) galegos se priorice á nosa terra e se diga que é galega no canto de española, pero no resto... A alguén de Cantabria deberíamos referirnos a el como cántabro ou como español? No caso de aplicar o termo máis local, habería que ser coherente e facer o mesmo con personaxes doutro país, e en lugar de dicir que é estadounidense, dicir que é de Ohio, etc. Aínda que ao estar a Wiki castelá, sempre se podería usar esa para dicir que é español, mentres que na catalá, vasca, galega, asturiana, etc, referirnos á autonomía... Non sei, vos que pensades?