Elliott 6m: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Artigo traducido de es:Elliott 6m con algún engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2012 ás 18:24

O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

As regatas das olimpíadas neste tipo de embarcación disputáronse na modalidade de match race, onde as galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiá Ángela Pumariega conseguiron a medalla de ouro[1][2].

Referencias

  1. Resultados das probas de Élliott 6m. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
  2. As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, arigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 (en galego)

Enlaces externos

Web oficial deste tipo de embarcación (en inglés).