Alerxia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bjn:Riman; cambios estética
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 2: Liña 2:


== Proceso ==
== Proceso ==
A [[substancia]] á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como ''reaccións alérxicas''. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o [[sistema inmunitario]] deste responde producindo unha gran cantidade de [[anticorpo]]s. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a [[histamina]], provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.
A [[Substancia química|substancia]] á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como ''reaccións alérxicas''. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o [[sistema inmunitario]] deste responde producindo unha gran cantidade de [[anticorpo]]s. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a [[histamina]], provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.


== Tipos ==
== Tipos ==

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2012 ás 12:51

A alerxia (do grego αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico[1]. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

Proceso

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

Tipos

As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:

  1. Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos anticorpos.
  2. Citotóxicas.
  3. De complexos inmunes.
  4. Retardadas.

Notas

  1. Diciopedia do século21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas