Enlace químico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Un '''enlace químico''' (ou '''ligazón química''') é a unión entre dous ou máis [[átomo]]s para formar unha estrutura maior, como unha [[molécula]] ou unha [[estrutura cristalina]], que constituen a estrutura básica dunha [[substancia]] ou [[composto químico]]. Na natureza existen aproximadamente unha centena de [[Elemento químico|elementos químicos]]. Os átomos destes elemento químicos ao unírense forman a grande diversidade de [[Substancia química|substancias químicas]].
Un '''enlace químico''' (ou '''ligazón química''') é a unión entre dous ou máis [[átomo]]s para formar unha estrutura maior, como unha [[molécula]] ou unha [[estrutura cristalina]], que constituen a estrutura básica dunha [[Substancia química|substancia]] ou [[composto químico]]. Na natureza existen aproximadamente unha centena de [[Elemento químico|elementos químicos]]. Os átomos destes elemento químicos ao unírense forman a grande diversidade de [[Substancia química|substancias químicas]].


Mais para que o enlace se produza, débense cumprir unhas condicións axeitadas. Deben ser cumpridas a [[regra do dueto]] e a [[regra do octeto]].
Mais para que o enlace se produza, débense cumprir unhas condicións axeitadas. Deben ser cumpridas a [[regra do dueto]] e a [[regra do octeto]].

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2012 ás 12:51

Un enlace químico (ou ligazón química) é a unión entre dous ou máis átomos para formar unha estrutura maior, como unha molécula ou unha estrutura cristalina, que constituen a estrutura básica dunha substancia ou composto químico. Na natureza existen aproximadamente unha centena de elementos químicos. Os átomos destes elemento químicos ao unírense forman a grande diversidade de substancias químicas.

Mais para que o enlace se produza, débense cumprir unhas condicións axeitadas. Deben ser cumpridas a regra do dueto e a regra do octeto.

As ligazóns químicas poden ocorrer a través da doazón e recepción de electróns entre os átomos ou compartillamento de átomos.

Tipos de enlaces

O enlace entre dous átomos nunca se corresponde exactamente cunha das seguintes categorías. Mais, son útiles para clasificar moitas das propiedades de diferentes compostos.

Enlace iónico

Artigo principal: Enlace iónico.
Ligazón iónica da halita

É a unión que se produce entre dous átomos de electronegatividades distintas, cunha diferenza igual ou maior a 1.67. Neste tipo de enlace ocorre unha transferencia dun ou máis electróns do átomo menos electronegativo para o máis electronegativo. Por iso, o átomo que cedeu electróns fica con carga positiva e o que captou electróns queda con carga negativa.

A ligazón iónica preséntase xeralmente entre os átomos dos grupos:

  • I A - VII A
  • II A - VI A
  • III A - V A

Cando se transfiren electrón dun elemento metálico a un non metálico, existe unha atracción electrovalente entre o catión e o anión, o cal produce un composto de tipo iónico e cuxa estrutura xeralmente é cristalina, como é o caso do sodio e o cloro, que polas súas distribucións electrónicas buscan unha maior estabilidade formando un sal, onde cada ión de cloro está rodeado por seis catións de sodio e cada sodio rodeado por seis anións de cloro.

Enlace covalente

Ligazón covalente no polar hidróxeno e carbono: metano.
Artigo principal: Enlace covalente.

As reaccións entre dous átomos non metais producen ligazóns covalentes. Este tipo de enlace prodúcese cando existe unha electronegatividade polar, fórmase cando a diferenza de electronegatividade non é suficientemente grande como para que se efectúe transferencia de electróns, entón os átomos comparten un ou máis pares electrónicos nun novo tipo de orbital, denominado orbital molecular.

Enlace covalente sinxelo

Artigo principal: Enlace covalente sinxelo.

Cando non existe suficiente diferenza da electronegarividade para que exista transferencia electrónica, resultan dous átomos compartindo un ou máis pares de electróns e forman unha molécula con enerxía de atracción débil e, debido a isto, posúen puntos de fusión e ebulición baixos fronte aos iónicos. Os enlaces poden ser simples, dobres ou triplos, segundo a forma de compartillar un, dous ou tren electróns. Logo podemos debullar disto:

  • Ligazón covalente simple: un átomo comparte con outro, dous electróns un con outros (alcanos).
  • Ligazón covalente dobre: un átomo comparte con outro, catro electróns, dous de cada átomo (alquenos).
  • Ligazón covalente triplo: un átomo comparte con outro, seis electróns, tres de cada átomo (alquino).

A enerxía das forzas de atracción ou repulsión entre os elementos que forman unha ligazón iónica está en función da distancia internuclear chegando a unha distancia mínima onde se compensan as forzas de atracción e de repulsión, a cal se denomina distancia de enlace.

Enlace Van der Waals

As forzas de van der Waals son forzas de estabilización molecular; forman un enlace químico non covalente no que participan dous tipos de forzas ou interaccións, as forzas de dispersión (que son forzas de atracción) e as forzas de repulsión, entre as capas electrónicas de dous átomos contiguos.

Véxase tamén

Outros artigos