Silvestre I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
ZéroBot (conversa | contribucións)
Liña 71: Liña 71:
[[sv:Silvester I]]
[[sv:Silvester I]]
[[sw:Papa Silvester I]]
[[sw:Papa Silvester I]]
[[ta:முதலாம் சில்வெஸ்தர் (திருத்தந்தை)]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาซิลเวสเตอร์ที่ 1]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาซิลเวสเตอร์ที่ 1]]
[[tl:Silvestre I]]
[[tl:Silvestre I]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2012 ás 10:45


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:PapS-IV

Silvestre I, ou San Silvestre, foi papa de 314 a 335, durante o goberno do emperador Constantino I, quen instaurou a tolerancia con o cristianismo no seo do Imperio romano.

A súa autoridade veuse eclipsada pola de Constantino, non asistindo ao sínodo de Arles (314) nin ao concilio de Nicea (325), convocados polo emperador. Mais todo iso non impedíu que ,con el ou sen el, fose durante o seu pontificado cando a autoridade da Igrexa fose establecida e que se edificasen os primeiros monumentos cristiáns: a igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, as basílicas de San Xoán de Letrán e a de San Pedro en Roma, as igrexas dos Santos Apóstolos e a de Santa Sofía en Constantinopla.

Os historiadores crsitiáns de época romana (Eusebio de Cesarea e Lactancio) atribuíran a conversión de Constantino a unha visión, que este sofriría xusto antes da batalla de Ponte Milvio, na cal triunfou sobre Maxencio (312). Mais a tradición medieval, transmitida noeadamente a través da Lenda Áurea, dou unha interpretación diferente: o emperador estaba cuberto dunha lepra incurable, e entón Silvestre teríao bautizado por inmersion nunha piscina, o que tería o efecto de sandarlle a lepra, comprendendo que debía defender a fé cristiá. Este episodio nárrase tamén na Doazón de Constantino, texto aparecido no século IX, polo que se concedía ao papa Silvestre o poder sobre Occidente. O carácter apócrifo e carente de valor dese texto está hoxe admitido pola Igrexa.

Atribúense a Silvestre outros milagres, por exemplo, ter resucitado un touro e domado un dragón.


Silvestre I foi un dos primeiros santos canonizados sen ter sufrido martirio. A súa festividade celébrase o 31 de decembro, que é a probable data da súa inhumación; a Igrexa ortodoxa e máis as Igrexas católicas orientais, que seguen os ritos orotodoxos, conmemórano o día 2 de xaneiro.