Anacleto, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: yo:Pópù Anacletus
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mzn:آناکلتوس
Liña 55: Liña 55:
[[lv:Anaklēts]]
[[lv:Anaklēts]]
[[mk:Папа Анаклет]]
[[mk:Папа Анаклет]]
[[mzn:آناکلتوس]]
[[nl:Paus Anacletus I]]
[[nl:Paus Anacletus I]]
[[nn:Pave Kletus I]]
[[nn:Pave Kletus I]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2012 ás 02:09

Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma en 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91[1], se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.

Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterrado[2] cabo de Lino, o seu predecesor.

Santidade

Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como san Cleto o 26 de abril e como santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneo de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.

Parroquias galegas

Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a santo Anacleto.

Notas

  1. Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939
  2. Find a Grave

Modelo:PapS-I