Glándula bulbouretral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:


==Estrutura==
==Estrutura==
As glándulas bulbouretrais son glándulas tubuloalveolares compostas, cada unha saproximadamente do tamaño dun [[chícharo]]. Están compostas por varios lóbulos unidos por unha cuberta fibrosa. Cada lóbulo consta de varios [[acino]]s, tapizados por un epitelio de células columnares, que se abren a un conduto que se une aos condutos dos outros lóbulos para formar un único conduto excretor dde aproximadmente uns 2,5&nbsp;cm de longo, o cal atravesa a membrana perineal e desemboca na uretra (porción esponxosa) na base do pene. As glándulas diminúen gradualmente en tamaño conforme avanza a idade. Tañen cor castaña amarelada. <ref>''[[Gray's Anatomy]]'', 38th edn, p 1861.</ref>
As glándulas bulbouretrais son glándulas tubuloalveolares compostas, cada unha aproximadamente do tamaño dun [[chícharo]]. Están compostas por varios lóbulos unidos por unha cuberta fibrosa. Cada lóbulo consta de varios [[acino]]s, tapizados por un epitelio de células columnares, que se abren a un conduto que se une aos condutos dos outros lóbulos para formar un único conduto excretor dde aproximadmente uns 2,5&nbsp;cm de longo, o cal atravesa a membrana perineal e desemboca na uretra (porción esponxosa) na base do pene. As glándulas diminúen gradualmente en tamaño conforme avanza a idade. Tañen cor castaña amarelada. <ref>''[[Gray's Anatomy]]'', 38th edn, p 1861.</ref>


==Función==
==Función==

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2012 ás 00:04

Ramas profundas da arteria pudenda interna na que se ven as glándulas bulbouretrais.
Situación das glándulas bulbouretrais no aparato reprodutor masculino.

As glándulas bulbourerais ou glándulas de Cowper (polo anatomista William Cowper, son dúas pequenas glándulas exócrinas do aparato reprodutor masculino, que segregan un fluído lubricante. Son homólogas embrioloxicamente ás glándulas de Bartholin do aparato reprodutor feminino.

Localización

Están situadas na parte posterior lateral da porción membranosa da uretra na base do pene, entre as dúas capas da fascia do diafragma uroxenital, na bolsa perineal profunda. Están encerradas por fibras transversas do músculo esfínter uretral.

Estrutura

As glándulas bulbouretrais son glándulas tubuloalveolares compostas, cada unha aproximadamente do tamaño dun chícharo. Están compostas por varios lóbulos unidos por unha cuberta fibrosa. Cada lóbulo consta de varios acinos, tapizados por un epitelio de células columnares, que se abren a un conduto que se une aos condutos dos outros lóbulos para formar un único conduto excretor dde aproximadmente uns 2,5 cm de longo, o cal atravesa a membrana perineal e desemboca na uretra (porción esponxosa) na base do pene. As glándulas diminúen gradualmente en tamaño conforme avanza a idade. Tañen cor castaña amarelada. [1]

Función

Durante a excitación sexual cada glándula produce unha secreción viscosa clara e salgada denominada preexaculado. Este fluído axuda a lubricar a uretra para facilitar o paso dos espermatozoides, neutralizandoos restos ácidos de urina que quedan na uretra, [2] e axuda a expulsar calquera resto de urina ou residuos. Este líquido pode recoller tamén o esperma dunha exaculación inmediatamente anterior, que aínda quedaron no bulbo uretral, e arrastrano fóra xusto antes da seguinte exaculación. As glándulas de Cowper tamén producen certa cantidade de antíxeno prostático específico (PSA), e os tumores nas glándulas de Cowper poden incrementar o PSA que un nivel que fai sospeitar que se trata dun caso de cáncer de próstata.

Notas

  1. Gray's Anatomy, 38th edn, p 1861.
  2. Chughtai, Bilal; Ahmed Sawas, Rebecca L. O'Malley, Rohan R. Naik, S. Ali Khan, Srinivas Pentyala (2005). "A Neglected Gland: A Review of Cowper's Gland". International Journal of Andrology (Blackwell Publishing) 28 (2): 74–7. ISSN 0105-6263. PMID 15811067. doi:10.1111/j.1365-2605.2005.00499.x.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda); A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos