Lingua paleoirlandesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:


== Posíbeis influencias externas: o [[lingua ivérnica|ivérnico]] ==
== Posíbeis influencias externas: o [[lingua ivérnica|ivérnico]] ==
antes de que os dialctos [[gaélico]]s se desenvolvesen en [[Irlanda]], algúns postulan que os habitantes falaban '''[[lingua ivérnica|ivérnico]]''', especialmente en [[Munster]]. Recibe este nome dun grupo [[galos|galo]]-[[belgas|belga]] coñecido como os [[iverni]] (despois ''Érainn''), testemuñados na ''Xeografía'' de [[Ptolomeo]] ([[século II]]). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do [[século IX]] ''[[Sanas Cormaic]]'', baixo os nomes ''Iarnnbélrae'', ''Iarnbélrae'', e ''Iarmbérla'', que se se entenden como [[irlandés antigo]], significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos [[linguas britónicas|britónicos]] como tomados directamente do [[lingua galesa|galés]], facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en [[Gales]]. O estudoso do gaélico [[T. F. O'Rahilly]] propón así a lingua destes ''Iverni'', que el bautizou como '''Ivérnico''', como a fonte destes préstamos.
Antes de que os dialectos [[gaélico]]s se desenvolvesen en [[Irlanda]], algúns postulan que os habitantes falaban '''[[lingua ivérnica|ivérnico]]''', especialmente en [[Munster]]. Recibe este nome dun grupo [[galos|galo]]-[[belgas|belga]] coñecido como os [[iverni]] (despois ''Érainn''), testemuñados na ''Xeografía'' de [[Ptolomeo]] ([[século II]]). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do [[século IX]] ''[[Sanas Cormaic]]'', baixo os nomes ''Iarnnbélrae'', ''Iarnbélrae'', e ''Iarmbérla'', que se se entenden como [[irlandés antigo]], significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos [[linguas britónicas|britónicos]] como tomados directamente do [[lingua galesa|galés]], facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en [[Gales]]. O estudoso do gaélico [[T. F. O'Rahilly]] propón así a lingua destes ''Iverni'', que el bautizou como '''Ivérnico''', como a fonte destes préstamos.


Os que apoian esta hipótese cren que o ivérnico se separou do galo no [[século -V]] e que sobreviviu unha suposta invasión de Irlanda por xente que falaba unha [[linguas goidélicas|lingua goidélica]] (nalgún momento entre [[-500]] e [[-100]]). Din que aínda había un grupo minoritario en Munster na época de [[Beda]] sobre o [[700]]. Con todo os seus falantes foron eventualmente absorbidos na poboación gaelicofalante, e na época na que os [[viquingos]] se estableceron en [[Limerick]] ao redor de [[850]], as linguas ivérnica e goidélica xa converxeran no [[lingua irlandesa|irlandés]].
Os que apoian esta hipótese cren que o ivérnico se separou do galo no [[século -V]] e que sobreviviu unha suposta invasión de Irlanda por xente que falaba unha [[linguas goidélicas|lingua goidélica]] (nalgún momento entre [[-500]] e [[-100]]). Din que aínda había un grupo minoritario en Munster na época de [[Beda]] sobre o [[700]]. Con todo os seus falantes foron eventualmente absorbidos na poboación gaelicofalante, e na época na que os [[viquingos]] se estableceron en [[Limerick]] ao redor de [[850]], as linguas ivérnica e goidélica xa converxeran no [[lingua irlandesa|irlandés]].

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2012 ás 10:49

O Paleoirlandés ou irlandés primitivo é a forma máis antiga coñecida da lingua irlandesa, só coñecida a partir de fragmentos, na súa meirande parte nomes persoais, gravados en pedra no alfabeto oghámico en Irlanda e na Britania occidental ao redor do século VI.

As inscricións oghámicas transcritas, que carecen de letra para o fonema /p/, amosan que o primitivo irlandés era moi semellante en morfoloxía e inflexións ao galo, latín, grego e sánscrito. Ten poucas das características distintivas do irlandés moderno e é difícil recoñecelo como unha forma do irlandés.

Evolución ao irlandés antigo

Pola contra, o irlandés antigo, escrito a partir do século VI, é unha lingua que é doado recoñecer como irlandés, coas mutacións iniciais, as consoantes palatalizadas opostas ás que non o están, a letra P, grupos consonánticos creados pola caída de sílabas átonas, xunto cun número de cambios vocálicos e consonánticos significativos.

Como exemplo, un rei de Leinster do século V, cuxo nome aparece nas listas reais e nos anais en antigo irlandés como Mac Caírthinn Uí Enechglaiss, é lembrado nunha inscrición oghámica preto de onde morreu. Este texto dá a versión paleoirlandesa do seu nome (en xenitivo), como MAQI CAIRATINI AVI INEQUAGLAS. A evolución entre esta e a anteriormente citada versión do nome amosa claramente a perda de sílabas átonas e a lenición de algunhas consoantes.

Este cambios, trazados pola lingüística histórica, non son inusuais no desenvolvemento das linguas, pero parece que tiveron lugar especialmente rápido en irlandés. Segundo unha teoría propugnada por Koch (1995), estes cambios coinciden coa conversión ao cristianismo e a introdución da aprendizaxe do latín. A teoría baséase no feito de que todas as linguas teñen varios rexistros ou niveis de formalidade, o máis formal dos cales, normalmente o do ensino e a relixión, muda moi a modiño mentres que os máis informais cambian máis rapidamente, pero na maioría dos casos non se corre o perigo de volvérense dialectos mutuamente inintelixíbeis debido á existencia do rexistro máis formal.

Na Irlanda precristiá o rexistro máis formal da lingua puido ser o empregado polos relixiosos e as clases instruídas, os druídas, para as súas cerimonias e para a aprendizaxe. Koch baseábase na posibilidade de que as inscricións conmemorativas estivesen escritas nesta forma pero, cando os druídas foron substituídos como clase instruída polos monxes cristiáns, o paleoirlandés formal foi substituído como lingua de aprendizaxe polo latín. As formas vernáculas, libres da influencia conservadora do rexistro formal, cambiaron velozmente, ata que se estableceu un novo estándar escrito: o irlandés antigo.

Posíbeis influencias externas: o ivérnico

Antes de que os dialectos gaélicos se desenvolvesen en Irlanda, algúns postulan que os habitantes falaban ivérnico, especialmente en Munster. Recibe este nome dun grupo galo-belga coñecido como os iverni (despois Érainn), testemuñados na Xeografía de Ptolomeo (século II). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do século IX Sanas Cormaic, baixo os nomes Iarnnbélrae, Iarnbélrae, e Iarmbérla, que se se entenden como irlandés antigo, significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos britónicos como tomados directamente do galés, facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en Gales. O estudoso do gaélico T. F. O'Rahilly propón así a lingua destes Iverni, que el bautizou como Ivérnico, como a fonte destes préstamos.

Os que apoian esta hipótese cren que o ivérnico se separou do galo no século -V e que sobreviviu unha suposta invasión de Irlanda por xente que falaba unha lingua goidélica (nalgún momento entre -500 e -100). Din que aínda había un grupo minoritario en Munster na época de Beda sobre o 700. Con todo os seus falantes foron eventualmente absorbidos na poboación gaelicofalante, e na época na que os viquingos se estableceron en Limerick ao redor de 850, as linguas ivérnica e goidélica xa converxeran no irlandés.

Cormac mac Cuilennáin, rei e bispo de Cashel en Munster en Irlanda, nado en 836, e morto en 908, escribiu un extenso glosario que dicía que a "Fala de ferro" era "densa e difícil" e que morrera había pouco e que se lembraban dúas palabras: ond = "pedra" e fern = "algo bo".

Véxase tamén

Bibliografía

  • John T. Koch (1995), "The conversion and the transition from Primitive to Old Irish", Emania 13.
  • Dáibhí Ó Cróinín (1995), Early Medieval Ireland 400-1200.
  • T. F. O'Rahilly in Ériu 13, 1942.
  • T. F. O'Rahilly, Early Irish History e Mythology. Dublin Institute for Advanced Studies, 1946, 1957, 1964, 1971, 1976, 1984, 1999.

Outros artigos

Modelo:Modelo Linguas celtas