Diario de La Coruña (1857): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} {{Outroshomónimos|Diario de La Coruña}} '''''Diario de La Coruña''''' foi un xornal editado na Coruña en 1857. ==Historia y carac..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2012 ás 18:06

Diario de La Coruña foi un xornal editado na Coruña en 1857.

Historia y características

Subtitulado Periódico literario, científico e industrial apareceu o 15 de maio de 1857. Dirixido por Alonso Rey, Francisco María de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, José López de la Vega, José María Montes e Froilán de Salazar. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez ou nos talleres do Hospicio. Entre os seu redactores estaban Antonio de la Iglesia, Ramón Buch, Domingo Camino, Federico Alejos Pita e Mateo Garza. Incluíu noticias nacionais e do estranxeiro, unha sección comercial, novas do porto e información de carácter social. Tentaba ser unha publicación exclusivamente informativa, á marxe de posicionamentos ideolóxicos ou políticos. Publicou algúns poemas en galego de Francisco e Antonio María de la Iglesia e un "Cantar abdicado ó meu amigo Vicetto", de Antonio de San Martín. Cesou probablemente en xullo de 1857.

Véxase tamén

Ligazóns externas