Endoderme: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
En moitas [[pteridófita]]s, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.
En moitas [[pteridófita]]s, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.


A endoderme axuda a regular o movemento de [[auga]], [[ión]]s e [[hormona]]s cara ao interior e exterior do sistema vascuar. Pode tamén almacenar [[amidón]], estar implicada na percepción da gravidade e protexe a planta das toxinas impedindo que entren no tecido vascular.
A endoderme axuda a regular o movemento de [[auga]], [[ión]]s e [[hormona]]s cara ao interior e exterior do sistema vascular. Pode tamén almacenar [[amidón]], estar implicada na percepción da gravidade e protexe a planta das toxinas impedindo que entren no tecido vascular.


==Estrutura da endoderme==
==Estrutura da endoderme==

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2012 ás 22:11

Non confundir co endodermo (capa celular embrionaria animal)

A endoderme é unha capa interna do córtex, que rodea o cilindro vascular nalgunhas plantas terrestres (ou ao periciclo nas raíces). A endoderme marca o límite entre o córtex e a estela. Está feita de células vivas ben compactadas coas veciñas; pode constar dunha capa de células ou de varias; a súa capa externa de células está impregnada de substancias hidrófobas, que forman a chamada banda de Caspary, que impide o fluxo apoplástico de auga cara ao interior do cilindro central. [1]

En moitas pteridófitas, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.

A endoderme axuda a regular o movemento de auga, ións e hormonas cara ao interior e exterior do sistema vascular. Pode tamén almacenar amidón, estar implicada na percepción da gravidade e protexe a planta das toxinas impedindo que entren no tecido vascular.

Estrutura da endoderme

A endoderme desenvólvese como a capa máis interna do córtex. Pode constar dunha soa capa de células con forma de barril sen espazos intercelulares ou ás veces de varias capas de células. As células da endoderme tipicamente teñen as súas paredes celulares primarias engrosadas en catro das súas seis caras (caras radiais e transversas) cunha impregnación de suberina, unha substancia imoermeable, cerosa, que nas células endodérmicas novas se deposita foprmando bandas características, chamadas bandas de Caspary. Estas bandas varían en amplitude pero son normalmente menores ca o grosor da parede celular na cal se depositaron. Se comparamos a endoderme cun ciindro de ladrillos, os ladrillos representarían as células endodérmicas e o cemento que os une serían as bandas de Caspary. En células endodérmicas máis vellas, a suberina pode estar depositada máis extensivamente sobre todas as paredes celulares e as células poden mesmo lignificarse, formando unha capa impermeabloe comleta.

Algunhas plantas teñen un gran número de amiloplastos (plastos que conteñen amidón) nas súas células endodérmicas, e nese caso a endoderme denomínase vaíña amilífera.

A endoderme pode resaltarse con certas tinguiduras con floroglucinol debido á natureza fenólica e lipídica da banda de Caspary ou á abundancia de amiloplastos.

Funcións da endoderme

A endoderme impide que a auga e os solutos disolvidos nela pasen a través da vía apoplástica. A auga pode só pasar a través da endoderme cruzando a membrana das células endodérmicas en dúas ocasións, unha para entrar e outra para saír. A auga que se move dentro e fóra do xilema, que forma parte do apoplasto, pode así ser regulado xa que pode entrar no simplasto na endoderme. Este prmite á planta controlar en certa medida o movemento de auga e a súa captación selectiva ou impedir o paso de auga, ións e outras moléculas.

Na endoderme hai unhas células chamadas células de paso. Estas células endodérmicas das raíces vellas manteñen paredes celulares finas e non suberizadas, polo que permiten o fluxo simplástico cara ao interior. As probas experimentais indican que as células de paso funcionan permitindo a transferencia de solutos como o calcio e o magnesio na estela, para finalmente chegar ao sistema de transpiración. [2] Porén, na maior parte dos casos, as raíces vellas teñen unha endoderme impermeabloe completa e só lles cheg auga e minerais desde as raíces novas de niveis inferiores.

As células endodérmicas poden conter gránulos en forma de amiloplastos, que ademais de serviren de almacenamento de amidón, están implicados no gravitropismo nalgunhas plantas. [3]

Notas

  1. Rost, Thomas L.; Michael Barbour, C. Ralph Stocking, Terence Murphy (2006). Plant Biology, 2nd Edition. Thompson, Brooks/Cole. ISBN 0-534-38061-1.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  2. Peterson. C. A.; Enstone, D. E. (1996). "Functions of passage cells in the endodennis and exodermis of root". PHYSIOLOGIA. PLANTARUM 97: 592–598. doi:10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x. 
  3. Involvement of the Vacuoles of the Endodermis in the Early Process of Shoot Gravitropism in Arabidopsis, Miyo Terao Morita1, Takehide Kato1, Kiyoshi Nagafusaa, Chieko Saitoc, Takashi Uedac, Akihiko Nakanoc and Masao Tasaka, 2002. The Plant Cell 14:47-56
  • Gifford, Ernest M. & Foster, Adriance S. (1988). Morphology and Evolution of Vascular Plants, (3rd ed.). New York: W. H. Freeman and Company. ISBN 0-7167-1946-0.

Véxase tamén

Outros artigos