Gwgon Brydydd: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2012 ás 18:40


Gwgon Brydydd (fl. sobre 1200-1220) foi un dos poetas cortesáns galeses e cantou a principios do século XIII.

Traxectoria

Nada se coñece sobre Gwgion fóra do testemuño que consta no único poema da súa obra que se conserva, que é unha loanza de Llywelyn ab Iorwerth (Llywelyn Fawr). O estudoso J. Lloyd-Jones suxiriu que sería o pai de Einion ap Gwgon, outro Poeta dos Príncipes que cantou a Llywelyn Fawr. O alcume 'prydydd' demostra que Gwgon gozaba dun alto estatus no sistema bárdico e que era un poeta cortesán recoñecido. [1]

A súa obra

O único poema de Gwgon está nun manuscrito que data de mediados do século XVI pero que provén dun(s) manuscrito(s) perdido(s) anterior(es). O poema é unha loanza a Llywelyn como líder militar, en forma de cinco englynion Unodl Union regulares. A única referencia específica é a do ataque de Llywelyn contra Llangollen; isto suxire unha datación do poema no período 1211-1214 cando houbo un enfrontamento entre Llywelyn e Madog ap Gruffudd, príncipe de Powys Fadog.

Notas

  1. Atribúenlle a 'Araith Wgon', unha das Areithiau Pros, a un poeta chamado Gwgon que se di que vivía na zona de Llanfair-yng-Nghaereinion no reino de Powys na época de Dafydd ab Owain Gwynedd, pero non se lle pode dar demasiado peso aesta teoría.

Véxase tamén

Bibliografía

  • R. Geraint Gruffudd (ed.), 'Gwaith Gwgon Brydydd', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)

Modelo:Poetas dos Príncipes

Categoria:Poetas galeses medievais