Ourense: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 407: Liña 407:
== Deporte ==
== Deporte ==
As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:
As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:
*[[Club Deportivo Ourense]], equipo de fútbol da [[Terceira división española]].
*[[Club Deportivo Ourense]], equipo de fútbol da [[segunda división B española]].
*[[Ourense Fútbol Sala]]
*[[Ourense Fútbol Sala]]
*[[Club Ourense Baloncesto]], que está na [[LEB Ouro]].
*[[Club Ourense Baloncesto]], que está na [[LEB Ouro]].

Revisión como estaba o 9 de agosto de 2012 ás 12:29

Coordenadas: 42°19′48″N 07°52′12″O / 42.33000, -7.87000

Ourense
Ponte romana.
Catedral. Fonte na Praza do Ferro.
Praza Maior.
Situación
Xentilicio[1]ourensán/ourensana - auriense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación108.002 hab. (2011)[2][3]
Área84,5 km²[3]
Densidade1.278,13 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias[4]
Capital do concelloOurense
Política (2011)
AlcaldeFrancisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3 concelleiros
PPdeG: 11 concelleiros
PSdeG-PSOE: 11 concelleiros
Outros: DO - 2
Eleccións municipais en Ourense
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes89,92%
Na rede
www.ourense.es
Facebook: OurenseConcello Twitter: ourenseconcello Telegram: OurenseConcello Youtube: UCcdDSal8Q04l9W7itSu3FeQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ourense é a terceira cidade de Galicia por poboación despois de Vigo e da Coruña, capital da Provincia de Ourense. Segundo o IGE, tiña 108.002 habitantes no 2011 (108.600 en 2004) e é cabeza da Comarca de Ourense.

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C).

Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (s.XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Etimoloxía

Bautizada polos romanos como "A cidade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha importante cidade da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño. Un topónimo relacionado é o da próxima praia fluvial de Oira.

Tamén se cre que o nome da cidade vén do latín aquare urente (Augas abrasadoras), ou do xermánico Warmse (Lago quente), polas coñecidas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín Burca que significa pía), unha das moitas que existen no Concello.

Símbolos

O escudo de Ourense está formado por un fondo de prata sobre ondas de azur e prata que representan á auga, sobre a auga aparece unha ponte de ouro de cinco arcos. Na parte esquerda do escudo, sobre a ponte, aparece un castelo macenado de sabre e aclarado de gules. Á dereita do escudo pódese ver un león completamente dourado que terma dunha espada do mesmo metal. No centro do escudo apréciase unha coroa real pechada. Finalmente, o escudo está timbrado por unha coroa real, forrada de gules, ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, e de cruz de ouro.

Historia

Artigo principal: Historia de Ourense.
Xardín das Burgas.

Aínda que había asentamentos castrexos á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a carón das Burgas e da guarnición da ponte romana.

Situada preto da Vía Nova que unía Bracara Augusta (hoxe Braga en Portugal) con Asturica Augusta (hoxe Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola súa ponte e situación central na antiga Gallaecia.

Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa dedicada a San Martiño de Tours.

Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai.

Mais será durante o bispado de don Lourenzo cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII.

Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios, sendo a súa industria a do viño, que se mantivo ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a súa poboación coa construción da Estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña férrea Monforte-Vigo tamén fai medrar a cidade, que se espalla máis aló do tradicional casco vello.

Durante o século XX este crecemento mantívose: Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial ligado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparece atraída polas novas vías de comunicación.

Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centraliza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da Península.

Xeografía

Vista aérea da cidade.
  • Altura máxima de 134 metros
  • Latitude: 42º 19' 48" N
  • Lonxitude: 07º 52' 12" W
  • Superficie: 85,2 km².

Clima

A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35 °C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0 °C. A temperatura máxima máis alta rexistrada na historia foi de 42,6 °C en xullo de 1990 e a temperatura mínima máis baixa foi de -8,6 °C o día de Nadal de 2001.

Parámetros climáticos promedio de Ourense (1931-1960)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 6,9 7,7 10,8 12,6 16,0 19,4 22,1 21,4 19,2 14,7 10,0 7,7
14
Precipitacións (mm) 90 78 99 56 62 42 17 20 43 89 95 128
818
Fonte: AEMET
Parámetros climáticos promedio de Ourense (1972-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 22,0 25,0 30,6 32,9 37,4 40,9 42,6 42,2 41,1 33,0 25,0 22,4
42,6
Temperatura máxima media (°C) 12,1 14,7 18,1 19,0 22,3 26,7 29,7 29,9 26,6 20,9 15,5 12,7
20,6
Temperatura media (°C) 7,5 9,2 11,4 12,7 15,7 19,4 22,1 22,0 19,4 15,1 10,8 8,5
14,5
Temperatura mínima media (°C) 2,9 3,7 4,6 6,3 9,2 12,2 14,6 14,2 12,3 9,3 6,1 4,4
8,3
Temperatura mínima absoluta (°C) -7,0 -8,0 -6,8 -3,2 -0,4 2,4 6,4 1,5 3,0 -3,0 -6,8 -8,6
-8,6
Precipitacións (mm) 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124
817
Horas de sol 87 105 167 180 199 239 272 270 201 138 90 70
2043
Humidade relativa media (%) 75 69 62 62 62 60 59 59 63 70 75 77
66
Fonte: AEMET
Praza Maior.

Demografía

Segundo datos do INE do 2006, o concello de Ourense conta con 107.057 habitantes situados polo centro urbano (99.791 hab.) e as 21 parroquias das que consta o concello (7.266 hab). A densidade de poboación é de 1.266,95 hab./km². Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación desde

1900 ata 2008

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008

15.194

15.998 17.581 21.579 28.397 55.574 64.153 73.379 96.085 108.382 109.051 107.057


Política

Véxase tamén: Alcaldes de Ourense.

Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sede da Audiencia e Xulgados Provincias, a Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e de varios organismos da Administración Xeral do Estado como a Subdelegación do Goberno, a Comisaría da Policía Nacional, o INSS e outros.

Tras as eleccións municipais do 2007 o goberno da cidade desempéñao unha coalición do PSdeG e o BNG, sendo alcalde o socialista Francisco Rodríguez.

Economía

A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recibe a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, aporta grandes beneficios á cidade.

Lugares de interese

Monumentos

Cabeceira da catedral.
Ponte Maior sobre o río Miño.
Fonte na praza do Ferro.
Fachada do Museo Arqueolóxico.

Ourense dispón dun amplo patrimonio histórico entre o que cabe destacar os seguintes monumentos e lugares:

Teatros e cines

Museos

Transportes

Estradas

O principal acceso á cidade é a autovía A-52 que comeza en Vigo, e logo de pasar O Porriño, Ribadavia e Ourense, diríxese cara Verín, Pobra de Seabra e Benavente, onde desemboca na autovía A-6 a Madrid. Outro acceso é a AP-53 (chamada AG-53 nunha parte do seu percorrido) que procede de Santiago de Compostela e logo de pasar por Lalín xúntase coa A-52. Outras estradas de importancia son a N-120 que une Logroño e Vigo, pasando por Burgos, León, Ponferrada e Monforte de Lemos e que no futuro será a A-76; a N-525 que procede de Santiago e vai a Verín, e a N-540 que une Ourense con Lugo e que acaba 10 km ao norte da cidade na N-525 e que nun futuro será a A-56. Finalmente hai una autovía urbana, a OU-11 que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro da cidade e a N-120 para desconxestionar os accesos á cidade.

Ferrocarril

Estación de Ourense - Empalme.

A rede de ferrocarril ten o seu centro na estación do Empalme, aínda que hai unha segunda estación na cidade, a de San Francisco, onde paran trens rexionais a Pobra de Seabra. Tamén existe unha terceira estación, a de Santa Cruz de Arrabaldo, apeadoiro de trens rexionais situado na parroquia de Arrabaldo, fóra do núcleo urbano.

A estación de Ourense-Empalme é a máis importante da cidade e tamén de Galicia, debido á confluencia das liñas Santiago-Madrid e Monforte-Vigo, sendo o distribuidor máis importante da comunidade actualmente. A parte de ter servizos de Media Distancia, hai trens diarios a cidades como Madrid, Barcelona, Hendaia e Bilbao. Está previsto que en 2012 cheguen tamén á estación trens de alta velocidade.

Transporte público

En Ourense hai 28 liñas urbanas de autobús xestionadas pola empresa Urbanos de Ourense, que vertebran tódolos barrios da cidade. Una delas, a liña 25, coñecida como Moucho Bus, circula só polas noites. A liña 19 une o centro da cidade coas Termas de Outariz e coñécese como Tren turístico das Termas. Tamén hai servizo de taxis, que teñen paradas nos principais lugares da cidade.

Existe tamén varias liñas rexionais e nacionais de autobús que parten da estación de autobuses de Ourense.

Deporte

As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:

Ourense na cultura popular

  • As nenas de Pontevedra
    son o mesmo cás de Ourense,
    son sen quitarlles nin porlles
    como tódalas mulleres
    .
  • Tres cousas hai en Ourense
    que non as hai en España,
    O Santo Cristo, a Ponte
    e a Burga fervendo auga
    .

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ourense.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Lugares de Ourense

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourense vexa: Lugares de Ourense.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ourense".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas