Arquipélago de Madeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 42: Liña 42:
| [[Alberto João Jardim]]
| [[Alberto João Jardim]]
|-
|-
| Estatuto de [[Autonomía]]
| [[Estatuto de autonomía]]
| [[1976]]
| [[1976]]
|-
|-

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2012 ás 23:54

A Madeira, oficialmente designado Rexión Autónoma da Madeira é un territorio portugués dotado de autonomía política e administrativa. Madeira ten dentro da Unión Europea o estatuto de Rexión Ultraperiférica.

Rexión Autónoma da
Madeira
Bandeira da Madeira Escudo
Bandeira de Madeira Escudo de Madeira
Lema da rexión autónoma:
Das illas as máis belas e libres
Lingua oficial Portugués
Capital Funchal
Outras cidades Porto Santo, Machico, Santa Cruz, Camara de Lobos, Santana
Área 797 km²
Poboación
 - Total (2003)
 - Densidade


Número de Concellos 11
Maior altitude Pico Ruivo (1 862 m)
Presidente do Goberno Rexional Alberto João Jardim
Estatuto de autonomía 1976
Moeda Euro
Fuso horario UTC 0)
Himnos A Portuguesa (nacional)
Himno da Rexión Autónoma da Madeira (rexional)
(¹) Antes de 1999: Escudo portugués

Localización xeográfica

O arquipélago da Madeira sitúase no Océano Atlántico, a 978 Kms ao suroeste de Lisboa, e forma parte da rexión de Macaronesia, . De orixe volcánica, está formado polas illas da Madeira (736 Km²), Porto Santo (43 Km²), Desertas (14 Km²) e Salvaxes (4 Km²). Só as dúas primeiras illas están habitadas, constituíndo as outras reservas naturais.

Ficheiro:Madeira island.gif
Mapa das illas.

Territorio e clima

Subdivídese nas dúas illas principais da Madeira e do Porto Santo e dous grupos de illas deshabitadas, as Illas Desertas e as Salvaxes.

A illa da Madeira posúe unha orografía bastante accidentada, sendo os puntos máis altos o Pico Ruivo (1.862 m) e o Pico do Areeiro (1.818 m). O releve, ben como a exposición aos ventos predominantes, fan que na illa existan diversos microclimas o que, aliado ao exotismo da vexetación, constitúe un importante factor de atracción para o turismo, principal actividade da rexión. Non existen grandes variacións térmicas durante todo o ano, manténdose o clima lene con temperaturas medias que rondan os 22 °C (máxima) e os 16 °C (mínima). A temperatura da auga do mar, debido á influencia da corrente quente do Golfo, mantense nos 22 °C no verán, arrefriando gradualmente ata atinxir os 17 °C no fin do inverno.

A illa do Porto Santo, por outro lado, ten unha constitución xeomorfolóxica completamente oposta á da illa da Madeira. Moi plana e con 9 km de praia de area fina e dourada constitúe un lugar turístico aínda pouco explorado.

Demografía

A pesar de posuír unha densidade de poboación superior á media do país e mesmo da UE, 75% da poboación da illa da Madeira habita en apenas 35% do territorio, sobre todo na costa sur, onde se encontra a cidade do Funchal, capital da Rexión Autónoma da Madeira, que concentra 45% da poboación, cunha densidade de poboación de 1.500 h/Km². É tamén nesta zona que se localiza a maior parte das unidades hoteleiras.

Economía

Pico do Areeiro

O turismo constitúe unha fonte media de receitas da economía madeirense. No sector agrícola, a produción de banana dirixida fundamentalmente ao consumo rexional, nacional e internacional, as flores e o afamado viño da Madeira (Madeira Wine), constitúen tamén un importante contribución á economía rexional. A industria consiste fundamentalmente en actividades de carácter artesanal: bordados, tapizaría e artigos de vimbio. Contribuíndo de forma moi positiva ao desenvolvemento económico da Madeira, non podemos deixar de referir a actividade desenvolvida pola Zona Franca de Madeira, no Caniçal, a cal integra as actividades financeira, industrial e comercial e é constituída por un conxunto de incentivos fiscais e financeiros de que poden beneficiar todas as empresas que alí se instalen.

Existen dous aeroportos internacionais que garantizan o aceso as illas.

Historia

Foron redescubertas en 1419 polos navegantes portugueses João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira. Para tentar evitar unha situación idéntica á das Canarias, perdidas para Castela, en 1424 iníciase a colonización da Madeira: adoptando un sistema de Capitanías. Inicialmente a Madeira exportaba cedro, teixo, sangue de dragón, anil e outros materiais tintureiros; a partir de 1450 tornouse un centro produtor de cereais.

Coa caída da produción cereal, o infante D. Henrique mandou plantar na illa a cana de azucre - rara na Europa -, promovendo, para iso, a chegada, de Sicilia, da soca da primeira planta e dos técnicos especializados. A cultura da cana ea industria da produción de azucre desenvolver-se-iam ata o século XVII, seguindo a industria da transformación. A produción de azucre atraeu á illa comerciantes xudeus, xenoveses e portugueses e foi un dinamizador da economía da rexión. A produción creceu de tal forma que xurdiu unha gran necesidade de man de obra. Para satisfacer esta carencia foron levados para a illa escravos orixinarios de Canarias, de Marrocos e, máis tarde, doutras zonas de África. Máis tarde, preto do século XVII, a cultura da cana de azucre ía ser promovida no Brasil, pasando a Madeira a investir na produción do viño.

En febreiro de 2010 un forte temporal causou inundacións e corrementos de terra, provocado ducias de mortos e feridos.

División administrativa

Cidade do Funchal.
Divisións administrativas da Rexión Autónoma de Madeira.

Politicamente a Madeira é, desde 1976, unha rexión autónoma, dotada dun estatuto político-administrativo e de órganos de goberno propios: a Asemblea Rexional e o Goberno Rexional. O Estado Portugués está representado na rexión por un Ministro da República.

As illas non teñen existencia xurídica no ordenamento territorial da rexión, nin mesmo na lei eleitoral, como acontece nos Azores. Na Madeira son os municipios a base dos distritos eleitorais, o que tamén ten levantado críticas por distorsionar a proporcionalidade.

Constitúen a subdivisión administrativa principal do arquipélago os seus 11 municipios: