Tensión superficial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6: Liña 6:

=== Curvatura superficial e presión ===
=== Curvatura superficial e presión ===
As forzas de cohesión entre as moléculas dos líquidos son responsables do fenómeno da tensión superficial. No interior da masa dun líquido, cada molécula é atraída de forma igual en todas as direccións polas moléculas veciñas, de modo que a forza resultante é cero. Polo contrario, as moléculas da superficie non teñen outras moléculas por encima delas e, por tanto, son atraídas cara a adentro. Isto crea certa presión interna e forzas na superficie do líquido que crean a tensión superficial e fan que a superficie do líquido se contraia para ter unha área mínima.
As forzas de cohesión entre as moléculas dos líquidos son responsables do fenómeno da tensión superficial. No interior da masa dun líquido, cada molécula é atraída de forma igual en todas as direccións polas moléculas veciñas, de modo que a forza resultante é cero. Polo contrario, as moléculas da superficie non teñen outras moléculas do líquido por encima delas e, por tanto, son atraídas cara ao interior do líquido. Isto crea certa presión interna e forzas na superficie do líquido que crean a tensión superficial e fan que a superficie do líquido se contraia para ter unha área mínima.

Se ningunha forza actúa na dirección dunha superficie, esta é plana. Na superficie de separación entre dous medios, se a presión nos medios é diferente, isto fai que se exerza unha forza normal á superficie de separación que tende a curvala.

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2012 ás 21:45

Unha moeda pode ficar acima da agua grazas á tensión superficial
Comportamento diferente das moléculas superficiais e as internas nunha masa de auga debido ás forzas de cohesión entre as moléculas.

Na física, a tensión superficial é un efecto que ocorre na zona superficial dun líquido que leva a súa superficie a se comportar como unha membrana elástica.

Este efecto permite que insectos camiñen sobre a agua e que pequenos obxectos como agullas ou láminas floten na superficie dun líquido.

Curvatura superficial e presión

As forzas de cohesión entre as moléculas dos líquidos son responsables do fenómeno da tensión superficial. No interior da masa dun líquido, cada molécula é atraída de forma igual en todas as direccións polas moléculas veciñas, de modo que a forza resultante é cero. Polo contrario, as moléculas da superficie non teñen outras moléculas do líquido por encima delas e, por tanto, son atraídas cara ao interior do líquido. Isto crea certa presión interna e forzas na superficie do líquido que crean a tensión superficial e fan que a superficie do líquido se contraia para ter unha área mínima.

Se ningunha forza actúa na dirección dunha superficie, esta é plana. Na superficie de separación entre dous medios, se a presión nos medios é diferente, isto fai que se exerza unha forza normal á superficie de separación que tende a curvala.

A tensión superficial está relacionada coa diferenza de presión entre os dous lados de unha interface pola ecuación de Laplace:

onde:

  • ΔP é a diferenza de presións.
  • γ é a tensión superficial.
  • Rx e Ry son os raios de curvatura da interface nas dirección x e y.

A solucións desta ecuación determinan a forma das gotas de agua, burbullas, meniscos e moitas outras.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Modelo:Link FA