Aconcagua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: el:Ακονκάγκουα
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: br:Aconcagua
Liña 23: Liña 23:
[[bg:Аконкагуа]]
[[bg:Аконкагуа]]
[[bn:আকোনকাগুয়া পর্বত]]
[[bn:আকোনকাগুয়া পর্বত]]
[[br:Aconcagua]]
[[ca:Aconcagua]]
[[ca:Aconcagua]]
[[co:Aconcagua]]
[[co:Aconcagua]]

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2012 ás 20:03

Aconcagua é o pico máis alto do cordal dos Andes e por tanto de América do Sur, de toda América e o pico máis alto fóra de Asia. Ten 6.962 metros de altura, atópase nos 32º39'S 70º14'W, na provincia arxentina de Mendoza. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior. Conta con diversos glaciares. Os máis importantes son o glaciar nororiental ou polaco e o do este ou inglés. Atópase dentro do Parque provincial Aconcagua, e é unha montaña moi frecuentada por andinistas de todo o mundo. O primeiro ascenso foi realizado por Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro de 1897. Estudos xeolóxicos sitúan a elevación do Aconcagua na idade Permotriásica, uns 200 a 280 millóns de anos atrás. A montaña foi creada pola subdución da placa de Nazca baixo a placa Suramericana durante a xeoloxicamente recente oroxenia andina. A orixe do seu nome non está clara, discútese se ven do Arauca Aconca-Hue ou do Quechua Ackon Cahuak (cuxo significado é Centinela de Pedra)

Rutas

En términos montañeiros, o Aconcagua é tecnicamente sinxelo dende a cara norte, a Rota Normal na que non é necesario o uso de técnicas de escalada aínda que os efectos da altitude son severos (a presión atmosférica é o 40% da existente a nivel do mar). Non se require o uso de osíxeno adicional. Aínda que normalmente, a Rota Normal ascéndese a través de tres campamentos cos seus correspondentes días de descanso. Seguindo a orde crecente de dificultade, a segunda rota máis común é a do Glaciar dos Polacos. Esta aproxímase á montaña a través do Val das Vacas, ascende ata a base do glaciar dos Polacos, cruza a rota normal ata a suba final ó cume. As rotas dende as cristas situadas ó sur e suroeste son as máis duras, considerando a Parede Sur coma a máis esixente. A primeira ascensión da que se teñen novas foi realizada en 1897 por unha expedición liderada polo británico Briton Edward Fitzgerald. O cume foi alcanzada polo suizo Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro e por outros dous membros da expedición uns sías despois. O primeiro arxentino en chegar ó cume foi Nicolás Plantamura, pertencente ó exército rxentino, o 8 de marzo de 1934; a primeira muller foi a francesa Adriana Bance, o 7 de marzo de 1940, quen ascendeu acompañada por membros do clube andinista de Mendoza. Actualmente antes de subir ó cume é mester adquirir un permiso na autoridade provincial do parque de Aconcagua en Mendoza. Os prezos varían segundo a estación.