Cianobacterias: Diferenzas entre revisións
m parede celular |
Sen resumo de edición |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
No que di respecto aos [[pigmento]]s fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe [[clorofila]] xuntamente con varias [[proteína]]s chamadas [[ficobilina]]s, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen clorofila b para alén da a, o que lles confire unha coloración verde brillante. Orixinalmente, estas últimas formas foron clasificadas nun grupo denominado “proclorófitos” ou “cloroxibacterias”, mais aparentemente desenvolveranse en diferentes liñas de cianobacterias. |
No que di respecto aos [[pigmento]]s fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe [[clorofila]] xuntamente con varias [[proteína]]s chamadas [[ficobilina]]s, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen clorofila b para alén da a, o que lles confire unha coloración verde brillante. Orixinalmente, estas últimas formas foron clasificadas nun grupo denominado “proclorófitos” ou “cloroxibacterias”, mais aparentemente desenvolveranse en diferentes liñas de cianobacterias. |
||
Algunhas cianobacterias segregan [[cianotoxina]]s, entre as cales |
Algunhas cianobacterias segregan [[cianotoxina]]s, entre as cales a anatoxina, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, ácido domóico, microcistina LR, nodularina R e saxitoxina. |
||
==Proclorófitas== |
==Proclorófitas== |
Revisión como estaba o 6 de agosto de 2012 ás 00:33
Algas azuis | ||||
---|---|---|---|---|
Anabaena sphaerica | ||||
Clasificación científica | ||||
| ||||
Clases e Ordes | ||||
Clase Cyanophyceae |
O filo Cyanobacteria (cianobacterias) inclúe as algas azuis, organismos acuáticos procariontes e fotosintéticos en forma de filamento, mais formando capas de materia verde-azulada en augas paradas e eutróficas. A maioría das especies atópanse en auga doce, mais algunhas son mariñas ou de solo húmido. Outras especies son endosimbiontes en liques ou en varios protistas, fornecendo enerxía aos seus hospedeiros.
Foron durante moito tempo clasificadas como algas, ben na división Cyanophyta, ben na clase Cyanophyceae (por iso se utiliza tamén o termo cianofíceas, aínda que o termo cianobacterias estea a gañar terreo) e estudadas polos botánicos. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación filoxenética con calquera dos grupos de algas, a non ser como probábeis antepasados dos cloroplastos – ver teoría da endosimbiose) – e atópanse clasificados como un filo (ou división, para os botánicos) dentro do dominio Bacteria.
O rexistro fósil das cianobacterias indica que estes seres fotosintéticos apareceron no eón Arqueano e deben ter sido responsábeis da aparición do osíxeno na atmosfera terrestre - o que parece ter acontecido hai preto de 2.500 millóns de anos, permitindo así a orixe da vida eucarionte (e a aparición dos organismos heterótrofos) – ver estromatólito – e dando lugar ao que se chama actualmente o eón Proterozoico (que significa aproximadamente dos “animais primitivos”).
Existen cianobacterias unicelulares, coloniais e filamentosas. Algunhas especies producen células diferenciadas:
- heterocistos, especializados na fixación de nitróxeno, e
- acinetos, especializados no amoreamento de substancias de reserva (por exemplo, o amidón cianobacteriano).
A parede celular é unha estrutura con catro constituíntes, que se tinxe como unha bacteria Gram-negativa:
- Unha capa fina de citoplasma por fóra da membrana celular;
- Unha capa ríxida composta de mureína (un peptidoglicano);
- Dúas capas de polisacáridos; e, por veces,
- Unha capa espesa e xelatinosa, que agrega as células en colonias (ou filamentos ríxidos).
As cianobacterias non posúen flaxelos, mais algunhas poden moverse coa axuda de fibras en espiral na parede celular. Na maior parte das especies, a “maquinaria” fotosintética atópase en pregamentos da membrana celular, chamadas tilacoides. Algunhas poden sintetizar materia orgánica usando sulfuro de hidróxeno, como fan outras bacterias autotróficas.
No que di respecto aos pigmentos fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe clorofila xuntamente con varias proteínas chamadas ficobilinas, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen clorofila b para alén da a, o que lles confire unha coloración verde brillante. Orixinalmente, estas últimas formas foron clasificadas nun grupo denominado “proclorófitos” ou “cloroxibacterias”, mais aparentemente desenvolveranse en diferentes liñas de cianobacterias.
Algunhas cianobacterias segregan cianotoxinas, entre as cales a anatoxina, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, ácido domóico, microcistina LR, nodularina R e saxitoxina.
Proclorófitas
Uns poucos xéneros de cianobacterias carecen de ficobilisomas e teñen clorofila b no seu lugar. Son: Prochloron, Prochlorococcus, Prochlorothrix. Estes xéneros foron orixinariamente agrupados no grupo das proclorófitas ou cloroxibacterias (Chloroxybacteria), pero parece que cada xénero evolucionou de diferentes liñas de cianobacterias, polo que hoxe se considera que forman parte das cianobacterias. Poden compartir un antepasado común cos cloroplastos.